Visita Sotavento

O día 28 de maio, a familia de electricidade (alumnos e profesores) desprazámonos ata o concello de Xermade para visitar o parque eólico experimental do SOTAVENTO, onde nos explicaron as vantaxes das enerxías renovables e da construción bioclimática. Ó remate achegámonos a Lugo onde pasamos unhas horas disfrutando desa cidade bimilenaria.

Saída didáctica a Ridimoas e ao complexo castrense de S. Cibrán de Lás

O noso alumnado de 1º ESO participou nunha saída ao Bosque de Ridomoas para disfrutar dun entorno natural cunha rica diversidade de flora e fauna. Xa pola tarde aprenderon en S. Cibrán de Lás algo máis de cómo era a vida nos castros.

Máis fotos no noso facebook…

SAÍDA A PARADA DO SIL PARA COÑECER O NOSO PATRIMONIO CULTURAL E NATURAL.

O alumnado de 3º ESO e 1º Bacharelato de Bioloxía e Xeoloxía, participou nunha saída didáctica a Parada do Sil. Acompañados dun experto en xeoloxía, descubriron distintos aspectos da xeomorfoloxía da nosa contorna. Visitaron a necrópole de San Vitor de Barxacova, os balcóns de Madrid e outras moitas estruturas de interese no Concello de Parada do Sil. As fotos están no facebook

10 ANOS DE PROXECTO RÍOS E… SEGUIMOS

Estamos de celebración… xa son 10 anos de proxecto Ríos e seguimos saíndo ao río Loña e muestreando os últimos 500 metros ata a súa desembocadura. O noso alumnado de 4º ESO de Bioloxía e Xeoloxía e de 1º Bacharelato de Cultura Científica obtiveron os datos para a campaña de primavera – 2018. Foi unha xornada de aprendizaxe no campo e de… celebración.

 

O resto das fotos… no noso facebook 

Correlingua 2018

O día 5 de maio participamos no Correlingua: primeiro concerto no auditorio e despois andaina polas rúas de Ourense, para rematar na Praza Maior con xogos populares e deportivos e música en directo.

Saída didáctica departamento de Economía

Viaxe ao Porto de Vigo. Alumnado de economía, Fundamentos de Administración de Empresas. Porto pesqueiro, de mercadorías sobre rodas e de mercadorías pesadas

Saída didáctica ao Courel

O alumnado de Valores éticos foi de excursión ao Courel. Podedes ver todas as fotos no noso facebook

 

Saída didáctica ao Courel co alumnado de 1º ESO

Chegamos cansos pero felices, despois de facer varias rutas con Raúl pola fermosa devesa de Rogueira. Visitamos tamén a fervenza de Vieiros, o pregamento de Campodola-Leixazós e Monte Furado. En plena natureza gozamos cos poemas de Uxío Novoneyra e ate tivemos un taller de astronomía e mitoloxía pola noite. E por suposto… non faltaron as bolas de neve. Unhas xornadas nas que convivimos e aprendimos fora das aulas… As fotos no noso facebook.

Viaxe didáctica a Berlín. Fotos da viaxe

Por fin…temos as fotos de Berlín. Unha viaxe inolvidable para todos... Podedes ver o resto no noso facebook

 

 

 

 

 

Week camp

25 alumnas e alumnos de 2º e 3º de ESO pasaron 4 días de abril falando inglés non-stop en Deva (Gijón), no campamento de inmersión lingüística organizado pola empresa SyG Educación e o departamento de inglés. 
Great fun in wonderful weather! :-)

Podedes ver todas as fotos no noso facebook

Distribuir contido