COÑECENDO O NOSO PATRIMONIO ARTÍSTICO-XEOLÓXICO

O pasado 25 de abril o noso alumnado de 3º ESO e de 1º BACH participou nunha saída de campo guiada polo doutor en Xeoloxía, Fran Canosa dentro do programa educativo “Coñecendo as rochas que pisas”. Da man de Canosa puideron identificar de xeito ameno e directo: procesos, estruturas e materiais xeolóxicos da paisaxe da nosa contorna.

Así mesmo, visitaron o complexo arqueolóxico romano “Aquis Querquennis”, sito na parroquia de Baños de Bande e formado por un campamento romano e unha mansión-viaria. Alí visitaron o Centro de Interpretación aprendendo máis acerca da “Cidá”. Tamén se achegaron a capela visigoda de Santa Comba de Bande, unha das poucas mostras de arte visigoda en Galicia. Data do século VII, con engadidos astures posteriores do s. IX. Representa un dos estilos artísticos que se desenvolven na Europa Occidental e que agrupamos baixo no nome de arte prerrománica. O material construtivo é a pedra de granito e para o abovedamento, o ladrillo.  

As fotos no noso facebook…