Acto cos futuros alumnos Erasmus no IES 12 de Outubro

Os centros educativos membros do Consorcio FP Ourense (IES 12 de Outubro, CIFP A Farixa, CIFP A Carballeira, CIFP Portovello) reuniron os alumnos beneficiados cunha beca Erasmus de educación superior no presente curso nunha xornada onde puideron coñecer distintas experiencias de alumnos e profesores que realizaron a súa estadia en anos anteriores. O acto estivo presidido pola Xefa Territorial de Educación, os Directores dos centros e representantes de Inspección Educativa.