Skip to Content

Avisos

AVISO

MAÑÁ terza-feira / MARTES, DÍA 5 DE DECEMBRO

NON HABERÁ AULAS DE:

  • Inglés 1º e 2º de Bacharelato

Grupo da tarde:

 

  • Ámbito Científico-Tecnolóxico (Ciencias da Natureza) Módulo 3 presencial
  • Anatomía aplicada 1º de Bacharelato



 

IMPORTANTE ALUNADO 1º BACHARELATO

Alumnado que por motivos xustificados teñan que solicitar cambio de quenda nos exames deberán facer a solicitude por escrito en administración,  entre o 22 de novembro ao día 1 de Decembro.

Poden consultar os exames mais abaixo, nesta mesma páxina 


 

EXAMES DE ENSINO BÁSICO INICIAL

Clique na imaxe para ler nun tamaño maior


 Participa!

 EXAMES DE 1º BACH

Do 11 de Decembro ao 15 de Decembro. Clique na imaxe para ler nun tamaño maior

 


Exposición - O Amencer da Humanidade

Exposición sobre os primeiros seres humanos en territorio peninsular realizada polo Equipo de Dinamización Linguística co apoio do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Está no segundo andar do noso centro, frente á administración, non deixedes de visitala!

 


ENTREVISTAS NO EPAPU EDUARDO PONDAL

Este domingo foi publicado no La Voz de Galicia un artigo onde se recollen entrevistas ao noso alumnado e profesorado sobre como funciona o noso centro. Podedes ler o texto clicando na imaxe seguinte

 


 

Padlet iguais na diversidade

No noso centro elaboramos un padlet onde se poden ver as diferentes actividades do Plan proxecta Donas de si. Este proxecto serve para poñer de manifesto as diferentes mulleres galegas e doutras culturas que quedaron invisibilizadas ó longo do tempo.

Como é colaborativo, animámosvos a participar no Padlet enviando as vosas opinións e as vosas pesquisas. Tamén iremos informando periodicamente das seguintes actividades  que se vaian realizando.

Clique aquí para acceder ao Padlet iguais na diversidade (non funciona con firefox).

Esta actividade realizase ao abrigo do Plan Proxecta.

 

 

 

DIA DAS ESCRITORAS

Hoxe LUNS/segunda-feira 16 de Outubro é o Dia das Escritoras.

Para celebralo no noso centro foron colocadas en diferentes lugares frases de autoras com Pardo Bazán, Rosalia de Catro ou Rosa Chacel. Alén diso na Bilbioteca podedes procurar un Sombreiro onde encontrar recomendacións de leituras de autoras presentes na nosa biblioteca.

Ademais, na web das Bibliotecas de Galiza hoxe recoméndannos textos de autoras en galego que poden ser accesados directamente desde esta ligazón.E tamén textos de autoras en castelán seleccionados para esta edición.

O Día das Escritoras é unha iniciativa  organizada entre a Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mujeres Directivas e Executivas Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a asociación Clásicas e Modernas, Asociación para a igualdade de mulleres e homes na Cultura. Ademais, conta coa colaboración de Asociación Colexial de Escritores (ACE)e o Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO). Desde 2016 cando se institui este día de celebración búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

Nesta VIII edición o tema escollido foi O pracer, a alegría e o riso das mulleres. Como en edicións anteriores, a data escollida é o luns máis próximo á festividade de Teresa de Xesús, o 15 de outubro.  


GRUPOS DE 2º BACHARELATO.

En 2º de Bach, nas materias troncais e polo tanto as que contan con maior número de alumnado, faranse dous grupos na quenda de mañá:

  grupo 1: apelidos do A ao L

   grupo 2: apelidos do M ao Z

En 1º Bach, na materia TIC I, os grupos distribuiranse da mesma maneira

 

 


 

Probas libres ESO

PUBLICADAS NOTAS PROVISIONAIS

DAS PROBAS LIBRES.

Poden consultar as cualificacións aqui:

Cualificacións provisionais (convocatoria de setembro de 2023)

 


Benvidas/os ao cento EPAPU Eduardo pondal

2ªfeira/Luns día once de setembro comezará o período lectivo.

Poden consultar as presentacións de cada nivel educativo clicando na imaxe superior ou neste textoNon se esquezan de formalizar correctamente a matrícula nos prazos correspondentes para cada nivel.  


PRAZOS DE MATRÍCULA NO EPAPU EDUARDO PONDAL:

 

 MATRÍCULA BACHARELATO:

 Prazo actual:  Do 1 até ao 20 de Setembro

 


   MATRÍCULA EDUCACIÓN SECUNDARIA ADULTOS (ESA)

  •   ESA PRESENCIAL Primeiro cuadrimestre (no 1º cuadrimestre só se imparten os módulos 1 e 3):

            Prazo: do 1 ao 8 de setembro.

  •      ESA SEMIPRESENCIAL Primeiro cuadrimestre:

               Prazo: do 1 de setembro até ao 12 de xaneiro de 2024


  MATRÍCULA ENSINO BÁSICO INICIAL (EBI):

              Prazo: A partir do 1 de setembro a matrícula permanecerá aberta todo o ano condicionada en función do aforo.

 

 

PARA MAIS información clique aquí:

 


 Revista Retallos 2023

Retallos é a revista do centro onde todos os membros da comunidade educativa poden colaborar.

 

 Podedes acceder á versión dixital dos números da revista nesta sección.

 

Sobre nós

O Centro EPA “Eduardo Pondal” é o único centro público específico de adultos da cidade da Coruña. Formamos parte dunha rede de seis centros exclusivamente de adultos dependentes da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria. Os demais centros están ubicados nas cidades de Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

A nosa oferta está pensada para todas as persoas con mais de 18 anos, en especial para aqueles que abandonaron o sistema educativo ordinario sen unha titulación básica e queren adquirila ou actualizala e acceder a outros niveis. É unha oferta gratuíta e de calidade: todo o profesorado pertence aos corpos docentes de Primaria, Secundaria e Catedráticos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Na actualidade estamos a atender a máis de mil alumnos nas diferentes modalidades de ensino. Se desexa máis información sobre a nosa Oferta Educativa utilice os atallos do menú da dereita.

O noso correo electrónico é epa.eduardo.pondal@edu.xunta.gal

O teléfono de contacto é:  881 96 09 01

 

Onde estamos? | Praza Nosa Señora

 

 Os nosos cursos de Español e Galego para Inmigrantes desenvólvense nas instalacións da Praza de Nosa Señora s/n. A Coruña 15007.

Teléfono: 981 249 010
Fax: 981 237 986

Onde estamos? | Rúa Educación

 

O ensino dos niveis de Secundaria e Bacharelato, xunto á dirección e administración do centro, encóntranse nas instalacións do “Centro de Educación a Distancia”.

Rúa da Educación nº 3.
A Coruña 15011.

Teléfono: 881960901
Fax: 881960902

CLUBE DE LEITURA

Distribuir contido


by Dr. Radut