22 Abril 2022 - Conferencia "Pescando Xenes"
O EDNL organizamos unha conferencia aberta ao público sobre xenética ao cargo do Catedrático Angel Carracedo. O evento está marcado para o día 22 de Abril ás 12:30 horas na sala 1.4.
O prestixioso investigador Ángel Carracedo dará unha conferencia destinada ao alumnado de Bacharelato. Na sua palestra intitulada "Pescando xenes" falará da súa traxectoria como científico no campo da xenética e tamén da evolución desta rama da ciencia focada en coñecer como funciona a vida, obter respostas para unha medicina máis eficaz, para a ciencia en xeral ou para a criminalística entre outros campos.
Ángel Carracedo é catedrático de Medicina Legal da USC e experto internacional en xenética. Membro da Real Academia Galega de Ciencias, dirixe a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e o Centro Nacional de Xenotipado. Coordina o Grupo de Medicina Xenómica da USC e é xefe de grupo do CIBERER (Centro de Investigación Biomédica en Rede de Enfermidades Raras).Tamén é Coordinador da área de Xenética e Bioloxía de Sistemas do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS).
Polo seu labor investigador recibiu diferenets premios entre os cales: Premio Nacional de Xenética, Medalla de Galicia, Premio Rey Jaime I á Investigación Médica, Medalla Castelao, Medalla Adelaida e o Premio Fernández Latorre.
Esta conferencia estará aberta á asistencia de público interesado e alumnado doutros centros. Por razóns sanitarias é obrigatorio o uso de máscara no interior e para manter as medidas de prevención e distancia de seguranza o aforo será limitado. Para asegurar a posibilidade de asistencia é conveniente contactar previamente co centro no telefono 881960901
23 Febreiro 2022 - Día de Rosalía de Castro
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e a Asociación Cultural Alexandre Bóveda convidan a todas as persoas que queiran celebrar o 23 de febreiro, Día de Rosalía, no acto de lectura pública que se celebrará diante do Teatro Rosalía de Castro,
Mais información aquí: Dia de Rosalia 2022
ACTIVIDADES 2021
Revista Retallos
Reeditamos a Revista retallos que non se puido realizar o ano pasado por mor da pandemia e fixemos unha versión dixital coa intención de dixitalizar todos os anteriores . Podes ver os números xa dixitalizados da revista aquí
Maio, o mes da lingua
A exposición de Xela Arias xa se encontra nas paredes do centro, non deixedes de ler para ficar a saber máis desta escritora homenaxeada
Tamén podedes vela en versión dixital aquí.
Ou entrar na web organizada pola Real Academia Galega: Letras Galegas 2021
Estamos tamén a preparar o próximo número da revista do centro RETALLOS. Podedes participar entregando os vosos textos en vicedirección ou no departamento de galego, á profesora Rosa Teira.
Animámosvos tamén a participar no concurso online "aRi[t]mar Galiza e Portugal 2021", convocado pola EOI de Santiago de Compostela para difundir a música e a poesía da Galiza e Portugal. Para participar, debedes escoller e votar, até ao 10 de maio, os vosos poemas favoritos de entre os dez finalistas galegos e portugueses, a través da web: aRi[t]mar
Cartaces e exposicións 2021
Nas paredes do centro xa podedes ver a exposición de Carvalho Calero. Um autor imperdível da historia da nosa lingua e literaturas.
Aqui podes ver a expo en versión dixital
Carvalho Calero A voz presente
Especial de Nós Diario sobre Carvalho Calero
Expo da deputación da Coruña - Carvalho Calero
No 25 de Marzo de 2021 contribuímos à
Homenaxe a Carvalho Calero através da web do centro
HOXE dia 25 de marzo centros de ensino e asociacións culturais
lembran con diferentes actividades a Carvalho Calero.
- A partir das 20:00 horas a fundación Galiza Cultura disponibilizará en directo Vídeo e coloquio para a difusión da vida e obra de Ricardo Carvalho.(Intervencións de María Victoria Carballo-Calero Ramos, Manuel Castelao Mexuto e Mª Pilar García Negro).
- Na biblioteca do noso centro podes encontrar exemplares do libro comemorativo: Amigo Carvalho, do halley ao hubble, asi como a obra Scórpio e unha antoloxia dos seus principais poemas.
- Podes visualizar dúas exposicións e un especial do xornal Nós diario sobre este autor nas seguintes ligazóns. (Carvalho Calero A voz presente , Especial de Nós Diario sobre Carvalho Calero, Expo da deputación da Coruña - Carvalho Calero)
- Nesta ligazón poderás tamén visualizar a última entrevista que o autor concedeu e escoitar a súa propia voz.
Equipo de Normalización linguística
A súa a función segundo a lexislación vixente é potenciar o uso da lingua galega no Centro, mediante propostas de actividades e proxectos tendentes a lograr unha valoración positiva do uso da lingua propia e a mellorar a competencia lingüística dos membros da comunidade educativa. O equipo tamén debe tratar de potenciar a presenza da realidade galega, cultural, historia, xeografía, economía, etnografía, lingua, literatura, arte, folclore, etc. no ensino.
Coordinador: | Fernando Diaz-Castroverde Gómez |
Actividades a desenvolver
Sen prexuízo da posibilidade de sumar outras iniciativas ao longo do curso, estas son as actividades que se incluen na programación xeral para o presente curso afectado polas restricións sanitarias:
- Asistir dentro das posibilidades a recitais, charlas e conferencias sobre temas literarios.
- Elaborar traballos monográficos sobre temas relativos aos aspectos socio-culturais de Galiza.
- Organizar exposicións relacionadas coa cultura galega e con autores destacados.
- Commemorar con actividades variadas o Día das Letras Galegas.
- Ampliación do contacto do alumnado coa biblioteca do Centro e impulso e promoción do clube de leitura.