Skip to Content

Departamentos | Equipo de dinamización lingüística

Centóns para comemorar Luísa Villalta

O equipo de dinamización preparou unha actividade para as aulas de comunicación de elaboración de Centóns con textos de Luís Villalta, a autora homenaxeada neste 17 de Maio - Día das Letras Galegas.

Podedes ver o resultado no espazo de língua galega do edificiom ou clicando nesta imaxe aquí.

 

 

Para saberdes mais sobre a actividade didáctica a prof.Antia enviou unha presentación sobre o traballo desenvolvido que podedes acceder aquí.

O traballo tamén se encontra xa no Portal da Língua Galega do goberno galego aquí.

Esta actividade está dentro do Plan proxecta+ do noso centro e foi desenvolvida polo Equipo de dinamización linguística

 

 

Concurso aRi[t]mar 2024

de poesía e música galego-portuguesas

 https://aritmar.gal/


 

Dia da poesia, 21 de marzo

podedes ler a transcrición dos poemas aqui:

https://www.edu.xunta.gal/centros/epaeduardopondal/aulavirtual/mod/book/tool/print/index.php?id=16690

 

 


 

Da EDL participamos tamén no plan proxecta coa campaña deste 8 de Marzo

 

 

Cartaces comemorando o Día Internacional da Muller.

O noso alumnado estivo traballando en diferentes cartaces para este día cos que participaremos no “VII Concurso de carteis 8 de marzo” organizado pola Secretaría Xeral de Igualdade e, a ver se con un pouco de sorte, podemos levarnos algún premio para casa.

Podedes ver parte dos cartaces clicando aqui

 

e tamén aqui:  o alumnado de 2ºESA mañá traballou para destacar algunhas das grandes mulleres dos diferentes países de orixe do noso alumnado e fixeron unha exposición que se atopa nas escaleiras entre o 1º e 2º andar.

 

actividade inserida dentro do Plan proxecta

 


 

Desde hoxe xa podedes acceder á aula virtual da Equipa de Dinamización Linguística, clicando aquí: https://www.edu.xunta.gal/centros/epaeduardopondal/aulavirtual/course/view.php?id=302



 

21 de FEBREIRO - DIA DA LINGUA MATERNA

23 DE FEBREIRO - DIA DE ROSALIA DE CASTRO NA EDUCACIÓN

   O 21 de febreiro célebrase o día da lingua materna e o 23 de febreiro o día de Rosalia de Castro, por iso, do Equipo de Dinamización Linguística do noso centro, queremos que toda a comunidade educativa participe na votación para escoller a mellor versión musicada moderna dun poema de Rosalía de Castro.
        Para iso so tedes que entrar aquí (ou escanear o QR que hai nos cartaces colgados pola escola), escoitar as instrucións, e comezar a ouvir e desfrutar das diversas propostas musicais con poemas de Rosalia. Para votar tedes que dar entre 1-10 puntos a cada unha delas.


Que gañe a que alcance máis puntos!

PADLET DO 23 DE FEBREIRO - DIA DE ROSALIA DE CASTRO

 


22 Abril 2022 - Conferencia "Pescando Xenes" 

 

O EDNL organizamos unha conferencia aberta ao público sobre xenética ao cargo do Catedrático Angel Carracedo. O evento está marcado para o día 22 de Abril ás 12:30 horas na sala 1.4. 

 O prestixioso investigador Ángel Carracedo dará unha conferencia destinada ao alumnado de Bacharelato. Na sua palestra intitulada "Pescando xenes" falará da súa traxectoria como científico no campo da xenética e tamén da evolución desta rama da ciencia focada en coñecer como funciona a vida, obter respostas para unha medicina máis eficaz, para a ciencia en xeral ou para a criminalística entre outros campos. 

Ángel Carracedo é catedrático de Medicina Legal da USC e experto internacional en xenética. Membro da Real Academia Galega de Ciencias, dirixe a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e o Centro Nacional de Xenotipado. Coordina o Grupo de Medicina Xenómica da USC e é xefe de grupo do CIBERER (Centro de Investigación Biomédica en Rede de Enfermidades Raras).Tamén é Coordinador da área de Xenética e Bioloxía de Sistemas do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS). 

Polo seu labor investigador recibiu diferenets premios entre os cales: Premio Nacional de Xenética,  Medalla de Galicia, Premio Rey Jaime I á Investigación Médica, Medalla Castelao, Medalla Adelaida e o Premio Fernández Latorre.

Esta conferencia estará aberta á asistencia de público interesado e alumnado doutros centros. Por razóns sanitarias é obrigatorio o uso de máscara no interior e para manter as medidas de prevención e distancia de seguranza o aforo será limitado. Para asegurar a posibilidade de asistencia é conveniente contactar previamente co centro no telefono 881960901

23 Febreiro 2022 - Día de Rosalía de Castro

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e a Asociación Cultural Alexandre Bóveda convidan a todas as persoas que queiran celebrar o 23 de febreiro, Día de Rosalía, no acto de lectura pública que se celebrará diante do Teatro Rosalía de Castro,

Mais información aquí: Dia de Rosalia 2022

 

 

 

ACTIVIDADES 2021

 Revista Retallos

Reeditamos a Revista retallos que non se puido realizar o ano pasado por mor da pandemia e fixemos unha versión dixital coa intención de dixitalizar todos os anteriores . Podes ver os números xa dixitalizados da revista aquí

Maio, o mes da lingua


 A exposición de Xela Arias xa se encontra nas paredes do centro, non deixedes de ler para ficar a saber máis desta escritora homenaxeada

 

Tamén podedes vela en versión dixital aquí.

Ou entrar na web organizada pola Real Academia Galega:  Letras Galegas 2021

 

 

Estamos tamén a preparar o próximo número da revista do centro RETALLOS. Podedes participar entregando os vosos textos en vicedirección ou no departamento de galego, á profesora Rosa Teira.

Animámosvos tamén a participar no concurso online "aRi[t]mar Galiza e Portugal 2021", convocado pola EOI de Santiago de Compostela para difundir a música e a poesía da Galiza e Portugal. Para participar, debedes escoller e votar, até ao 10 de maio, os vosos poemas favoritos de entre os dez  finalistas galegos e portugueses, a través da web: aRi[t]mar

 

 

Cartaces e exposicións 2021

Nas paredes do centro xa podedes ver a exposición de Carvalho Calero. Um autor imperdível da historia da nosa lingua e literaturas.

 

Aqui podes ver a expo en versión dixital

Carvalho Calero A voz presente

 

 Especial de Nós Diario sobre Carvalho Calero

Expo da deputación da Coruña - Carvalho Calero

 

 


 

    

 


 

 


 

 

No 25 de Marzo de 2021 contribuímos à

Homenaxe a Carvalho Calero através da web do centro

 

HOXE dia 25 de marzo centros de ensino e asociacións culturais

lembran con diferentes actividades a Carvalho Calero.

 

Equipo de Normalización linguística


 

A súa a función segundo a lexislación vixente é potenciar o uso da lingua galega no Centro, mediante propostas de actividades e proxectos tendentes a lograr unha valoración positiva do uso da lingua propia e a mellorar a competencia lingüística dos membros da comunidade educativa. O equipo tamén debe tratar de potenciar a presenza da realidade galega, cultural, historia, xeografía, economía, etnografía, lingua, literatura, arte, folclore, etc. no ensino.

Coordinadora: Antia Cortizas Leira

Actividades a desenvolver

Sen prexuízo da posibilidade de sumar outras iniciativas ao longo do curso, estas son as actividades que se incluen na programación xeral para o presente curso afectado polas restricións sanitarias:

  • Asistir dentro das posibilidades a recitais, charlas e conferencias sobre temas literarios.
  • Elaborar traballos monográficos sobre temas relativos aos aspectos socio-culturais de Galiza.
  • Organizar exposicións relacionadas coa cultura galega e con autores destacados.
  • Commemorar con actividades variadas o Día das Letras Galegas.
  • Ampliación do contacto do alumnado coa biblioteca do Centro e impulso e promoción do clube de leitura.

  

 

 

EDNL EPAPU Eduardo Pondal



page | by Dr. Radut