Información

Actividades complementarias e extraescolares | Información





  O Departamento de Actividades Complementarias e Extraescolares encárgase de promover, organizar e facilitar todas as actividades destas características que se realicen no Centro. Tendo en conta a lexislación vixente (Decreto 324/1996), teñen carácter de complementarias aquelas actividades didácticas que se realizan co alumnado en horario lectivo e que formando parte da programación, teñen carácter diferenciado polo momento, espazo ou recursos que utilizan. Así cabe considerar as visitas, traballos de campo, viaxes de estudo, conmemoracións e outras semellantes. Teñen carácter de extraescolares aquelas que sendo organizadas polo centro e figurando na programación xeral anual, aprobada polo Consello Escolar, se realizan fora do horario lectivo e nas que a participación é voluntaria.


En cumprimento da lexislación vixente o alumnado menor de 18 anos, para asistir as actividades que se desenvolvan fora do Centro, debera traer unha autorización asinada polo pai/nai/responsable legal. O modelo da autorización facilitarase neste departamento, para cada unha das actividades.


Membros do Departamento:






Xefa do Departamento:

Ángeles Rozas Méndez     usuario@edu.xunta.es

Distribuir contido