Información
Neste centro ofértanse, para persoas adultas e de forma semipresencial, duas modalidades do bacharelato: "Ciencias e Tecnoloxia" e "Humanidades e Ciencias Sociais".
En todos os aspectos xerais este bacharelato semipresencial ten a mesma organización que o bacharelato ordinario: estruturado en dous cursos, tres tipos de materias (comúns, de modalidade e optativas) e mesmos contidos básicos.
A forma específica do Bacharelato Semipresencial caracterízase por:
-
Hai "titorías colectivas" semanais para cada materia, de asistencia obrigatoria. No centro establécense dúas quendas (mañá e tarde), para dar resposta as necesidades horarias do alumnado (ver Horarios de Titorías).
-
Tamén hai "titorías de orientación" semanais por cada materia para consulta de dúbidas, asesoramento e orientación (ver Horarios de Titorías).
-
A avaliación é continua (ver Avaliación). En calquer caso o centro establece un calendario oficial de exames trimestrais e finais.
-
Conta con materiais específicos de estudo para cada materia: guía didáctica de orientación e recomendación dun libro de texto de uso habitual.
-
O bacharelato pode realizarse, con carácter xeral, en dous cursos académicos, ainda que nesta modalidade semipresencial non se establece nengún limite de permanencia.
Validez académica
-
O alumnado que lograr avaliación positiva en todas as materias do itinerario formativo escollido obterá o Título de Bacharel na modalidade correspondente. O título de Bacharel dá acceso a:
-
F. P. de grao superior.
-
Universidade.
-
Mundo laboral.
-
-
Cando non se rematen os estudos correspondentes, a dirección do centro emitirá unha acreditación onde consten as materias cursadas e a cualificación obtida.
Coordinadora de Bacharelato: Concepción González Rodríguez
Horario de Atención ao alumnado de Bacharelato Semipresencial:
- Martes 9.15-10.00
- Mércores 16.00-16.45
Información bacharelato 2022/2023
Guías didácticas para bacharelato semipresencial.