Ensinanzas básicas

Oferta educativa | Ensino básico Inicial | Nivel I

Nivel I e Nivel II

Información do Nivel I

É un ensino pensado para persoas adultas que desexan:

  • Adquirir técnicas básicas de lecto-escritura, razonamento matemático e cálculo que lle faciliten a formación suficiente para satisfacer as necesidades que se lle presentan na vida cotiá e para a comprensión da realidade do seu contorno.
  • Acceder a novas aprendizaxes e tecnoloxías que faciliten iniciar e desenvolver con  garantías cursos de cualificación profesional.
  • Potenciar a súa participación activa na vida social, cultural, política e económica.

É un ensino voluntario e gratuíto (só hai que mercar algún material didáctico).

As clases son diarias e séguese un proceso de avaliación continua.

No centro ofértanse dúas quendas (mañá e tarde), para dar resposta as necesidades horarias do alumnado.

Metodoloxía e Duración do Nivel I

Os contidos organízanse en torno a eixes temáticos baseados nas características, necesidades e intereses das persoas adultas, e abórdanse desde a perspectiva da expresión lingüística, matemática e dos aspectos relacionados co medio social e natural, sendo a globalización o principio metodolóxico que debe dirixir o proceso de alfabetización.

Os grupos tenden a ser reducidos, con metodoloxía individualizada, con materiais específicos e con un mínimo de 12 períodos lectivos semanais.

Organízase para que se poda cursar nun ano académico. En todo caso, a permanencia do alumnado neste nivel é flexíbel e dependerá do seu propio ritmo de aprendizaxe e do correspondente logro dos obxectivos establecidos.

Matrícula e Documentación para Nivel I

Lugar: na Secretaría do Centro (ver Secretaría Horarios).

O período de matrícula está aberto durante todo o curso, sempre que a disponibilidade de prazas o permita. Consultar previamente.

O alumnado que solicite por primeira vez matricularse no Nivel I de persoas adultas deberá presentar a seguinte documentación:

Horarios ( Para consultar os horario do curso 17/18 pinche no enlace).

Español e galego para inmigrantes

EBI I MAÑÁ

EBI I TARDE

Normas para o Alumnado do Ensino Básico Inicial (Niveis I e II)

  • É un ensino presencial pensado para persoas adultas, con clases diarias e avaliación continua. Polo tanto a asistencia á clase con puntualidade e a participación nas actividades de aula son obrigas básicas dos alumnos/as que optan por esta modalidade de ensino.
  • As faltas de asistencia e/ou de puntualidade reiteradas sen xustificación ou autorización previa ás actividades de formación son motivo de perda do dereito de avaliación continua.

     Son igualmente obrigas do alumnado:

  • Seguir as orientacións do profesorado con atención.
  • Non dificultar a actividade educativa de aula a compañeiros e profesores.
  • Non facer uso de aparatos reproductores de son e telefonía móbil no interior do recinto escolar.
  • Respeitar o dereito ao estudo dos compañeiros.
  • Coidar e utilizar correctamente os bens e instalacións do centro e respetar as pertenzas dos demáis.
  • Non esquecer a prohibición de fumar en todo o recinto escolar segundo a normativa vixente.
  • Os danos causados repararanse ou pagaranse. E os bens sustraídos repoñeranse. No caso de menores, os pais ou titores legais serán responsábeis.
  • Serán obxecto de corrección os actos no recinto escolar, nas actividades complementarias ou extraescolares, e todos os motivados ou relacionados coa vida escolar e que afecten aos membros da comunidade educativa.

 

Distribuir contido