Ensinanza Secundaria: probas libres

Oferta educativa | Educación Secundaria: probas libres

Información

  • Este procedimento permite ás persoas maiores de 18 anos obter o título de Graduado en Educación Secundaria mediante a superación de unhas probas libres (Orde do 19 de febreiro de 2009, DOG do 4 de marzo).
  • Para acceder a estas probas non se require titulación previa.
  • Celébranse dúas convocatorias anuais, unha entre abril e maio e outra en setembro, anunciadas publicamente a través do D.O.G e difundidas nos medios de comunicación.
  • A matrícula e o desenvolvimento das probas realízanse nos centros autorizados expresamente pola Consellería de Educación, como este EPA Eduardo Pondal.

Validez académica:

Expedirase o título de Graduado en Educación Secundaria a todas aquelas persoas que superen a totalidade das probas conseguindo asi os obxectivos xerais establecidos. Esta titulación permite:

  1. Cursar Formación Profesional de grao medio.
  2. Cursar Bacharelato.
  3. Acceder ao mundo laboral.

Condicións, Documentación e Período de Matrícula (ver Secretaría Matrícula)

Horarios, Normas, Avaliación e Validación das probas

Distribuir contido