Información
A Educación Secundaria para persoas Adultas (ESA) é equivalente á Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) que os rapaces cursan no ensino ordinario, aínda que mostra diferenzas na organización dos contidos e na distribución do tempo de estudo. A modalidade Semipresencial mostra ademais algunhas características específicas:
As sesións lectivas semanais de cada ámbito redúcense a: tres de comunicación, dúas de científico-tecnoloxico e unha de social. Estas sesións teñen carácter colectivo e son de asistencia obrigada para o alumnado.
O alumnado dispón tamén de titorías de orientación didáctica semanais co profesorado de cada ámbito para consulta, asesoramento e orientación.
Conta con materiais específicos de estudo: guías didácticas e textos impresos ou en formato dixital.
O alumnado matriculado nesta modalidade semipresencial é para todos os efectos alumnado oficial do centro, cos seus correspondentes dereitos e deberes.
Profesor Coordinador da secundaria semipresencial: Alfredo Pena Iglesias
Horario de Atención ao alumnado: Luns de 16.45 a 17.30horas
Xoves de 10.00 a 10.45 horas
Validez académica
Matrícula, Documentación, Período e Transicións
Formas de Acceso, Validacións e Equivalencias e Proba inicial
Estrutura, Organización, Materiais Didácticos e Guías didácticas
Calendario de exames do 1º cudrimestre
Normas de Convivencia e Normas para os Exames
Avaliación