Información

Biblioteca | Información

Os lectores terán acceso aos libros depositados nos estantes, ollealos, examinalos e consultalos directamente, procurando devolvelos ao seu lugar, seguindo as normas establecidas para a súa clasificación, que estarán expostas nun lugar visíbel, consultando ante calquera dúbida á persoa encargada.
Gardarán silencio, procurando non molestar os demais lectores, tanto dentro do local coma nos arredores.

Absteranse de introducir alimentos e/ou bebidas na Biblioteca. Responsabilizaranse dos danos, perdas ou demoras nos usos do material bibliográfico. Absteranse de prestar a terceiros o material documental. Absteranse de alterar os contidos do material bibliográfico (subliñar e anotar na marxe, entre outros). Evitarán os traballos en grupo que alteren o ambiente propio do recinto.

Para ter acceso ao préstamo de libros a domicilio é preciso ser alumn@ do centro. Non se prestarán as obras de consulta, dicionarios, enciclopedias, atlas, nin tampouco as revistas.

Os alumn@s poderán retirar como máximo tres libros de cada vez.
A duración do préstamo será de dous días para os libros de texto e de dúas semanas, prorrogabeis por outro período de igual duración, para os libros de lectura, sempre e cando o libro prestado non fose solicitado por outro lector, nesta e nalgunha outra circunstancia determinada, o período de préstamo poderase reducir.

A demora da devolución pode orixinar a prohibición de solicitar préstamos durante un período que se determinará.
O deterioro dos libros ou a perda destes, obrigará ao lector beneficiario do préstamo ao pago dos gastos que orixine a reparación ou compra dun libro novo.
Cando algún libro sexa moi solicitado e non se dispoña de exemplares suficientes para atender a todas as peticións, poderase rebaixar a duración do préstamo a sete días, sen dereito a prórroga.

Descarga de documentos de Normas e Préstamos:

  

Distribuir contido