Skip to Content

Plan Proxecta

 

 

Hoxe volve ser un día de reivindicación onde conmemoramos o Día Internacional da Muller.

 

O noso alumnado estivo traballando en diferentes cartaces para este día cos que participaremos no “VII Concurso de carteis 8 de marzo” organizado pola Secretaría Xeral de Igualdade e, a ver se con un pouco de sorte, podemos levarnos algún premio para casa.

 

As titoras para este proxecto foron as compañeiras Antía Cortizas Leira e Ana Camino López e non podemos estar máis felices co traballo realizado.

 

Grazas, compañeiras, por animarvos a participar e guiar o camiño para seguir loitando pola igualdade todas xuntas!

Podedes ver parte dos cartaces clicando aqui

 

e tamén aqui:  o alumnado de 2ºESA mañá traballou para destacar algunhas das grandes mulleres dos diferentes países de orixe do noso alumnado e fixeron unha exposición que se atopa nas escaleiras entre o 1º e 2º andar.

 

actividade inserida dentro do Plan proxecta

 



 

 

 

 

 

25-Novembro día contra a violencia de xénero 

 


 

Padlet iguais na diversidade

No noso centro elaboramos un padlet onde se poden ver as diferentes activdades do Plan proxecta Donas de si. Este proxecto serve para poñer de manifesto as diferentes mulleres galegas e doutras culturas que quedaron invisibilizadas ó longo do tempo.

Como é colaborativo, animámosvos a participar no Padlet enviando as vosas opinións e as vosas pesquisas.

Tamén iremos informando periodicamente das seguintes actividades  que se vaian realizando.

Clica aquí para acceder ao Padlet iguais na diversidade (non funciona con firefox).

O Plan Proxecta é un programa educativo da Consellaría de Educación. O programa abarca diversas temáticas: igualdade e educación afectivo-sexual, movilidade sostible, educación patrimonial, hábitos de vida saudables (alimentación e vida activa e deportiva), desenvolvemento sostible e concienciación medioambiental, cidadanía mundial, etc. Este plan promove a realización de proxectos interdisciplinarios que fomenten o papel activo do alumnado ante os desafíos sociais, económicos e medioambientais da sociedade.

 



page | by Dr. Radut