ULTIMA HORA

REVISTA RETALLOS 2021

Editada a Revista Retallos, quen o desexe pode pasar pola administración ou pola Biblioteca para recoller un exemplar.

Como novidade tamén estará dispoñibel en formato dixital na propia web do centro, aquí: Revista Retallos.

Aos poucos iremos dixitalizando todos os números anteriores para a súa consulta online.

Graciñas a todas as persoas que participastes na súa elaboración e especialmente ao Equipo de normalización linguística.

 

 

 

 

PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA

Publicadas as Calificacións provisionais Calificacións probas libres 2021

 


CALENDARIOS DE EXAMES DE XUÑO 2021

(avaliacións ordinarias de ESA presencial e semipresencial, ordinaria de 1º de Bacharelato, exames de EBI e extraordinaria de 2º de Bacharelato).

-11 de Xuño será o último día lectivo. As datas para as reclamacións son o día 23 (horario: 16:00-19:00) e dia 25 (horario: 10:00-13:00).

-Alumnado de 2º de Bacharelato pode escoller a extraordinaria de Xuño ou a de Setembro. A data límite para o escollerdes é 28 de Maio.

O ALUMNADO QUE POR MOTIVOS XUSTIFICADOS, PRECISE MUDAR DE QUENDA OU HORA PARA A REALIZACIÓN DOS EXAMES, DEBERÁ PRESENTAR UNHA SOLICITUDE NA SECRETARIA DO CENTRO ENTRE O 1 E O 10 DE XUÑO.

 

Extraordinaria xuño 2º BACHARELATO v2

 

1º BACHARELATO

 

 

ESA PRESENCIAL

ESA SEMIPRESENCIAL

ENSINO BÁSICO INICIAL


 

Xela Arias LETRAS GALEGAS 2021

Para saber máis sobre Xela Arias entrade na sección do Equipo de normalización linguística

 

 

 

 


 

MOI IMPORTANTE.

-ALUMNADO CON MATERIAS PENDENTES DE 1º Bach QUE NON solicitou adiantar a convocatoria ordinaria a maio fará como ÚNICA OPCIÓN as avaliacións como segue:

(Circular 5/2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación profesional e Innovación Educativa para a organización e posta en funcionamento das Ensinanzas de Bacharelato para persoas adultas)


 

Calendario de exames de avaliación ordinaria 2º Bacharelato

 

Calendario en pdf

 

As aulas de 2º de Bacharelato suspenderanse do 7 de Maio ao 13 de Maio. Alumnado que precise mudar de quenda deberá presentar unha solicitude en secretaría entre 19 e 30 de Abril.

 

 

 

 

AVISO IMPORTANTE

ALUMNADO BACHARELATO 1º e 2º

Por motivo de cambios nas posibilidades de avaliación ordinaria e extraordinaria en 1º e 2º de Bacharelato, lean o seguinte cadro correctamente e despois de o ler

INFORMEN DA SÚA ESCOLLA EN SECRETARIA UNICAMENTE SÓ AQUELES CASOS QUE SE CORRESPONDAN CO INDICADO NO CADRO

 

cadro opcións

 

 

 

 

AVISO

Venres dia 19 de marzo

os centros de ensino permanecerán pechados

co motivo da celebración

de S. Xosé ou Dia do Pai


 

 
 
 
 

 



 

Hoxe é un día triste na EPA Eduardo Pondal. Permanecerás sempre en nós. Querémoste.

 

 

BENVIDA 2020/2021

Queremos darvos a benvida a este incerto curso. Sabemos que só en comunidade poderemos levar a cabo esta encomenda. Sabemos que podemos contar con vós ao igual que vós con nós. Cando é máis escura a noite é antes do amencer. Esperamos que ao longo do curso o sol, a luz, a calor da proximidade vai entrando polas xanelas das nosas aulas mentres darémonos apoio desde a distancia mais, por iso, non ha de ser menos sentido. 

É como non no ano do gran profesor D. Ricardo Carvalho Calero:

Maria Siléncio

Cabeleira de chúvia, ollos de néboa.
Maria Siléncio, esfarrapada, à espreita.

Sempre agardando, pola noite, as barcas.
A tua angúria fala con olladas.

Maria Nocturna: no peirán ¿qué esperas?
¿polo dia non vives?
¿Naces cada solpor? ¿Cais de primeira estrela?

Maria Siléncio, sempre dura e muda...
¿Cál é a barca que agardas?

Das fontes dos teus ollos
fluen rios de sono.
Pero ti sempre dura e desvelada,
batida polo vento, no peirán...

Maria Siléncio, eu roubaria
no ceu
a estrela de mel,
na água
a estrela de prata,
pra che mercar a fala.

Se queres ulir flores,
darei-che a flor da lua.

Maria do Mar, ¿qué barca agardas?

¿Queres o sol, carne de lua fria?

O sol é un porco-espiño disfarzado.
No mar agora, ourizo de mar, dorme.

Pescado pola cana do abrente,
darei-cho eu, raiolante e mollado.

¡Maria Siléncio, Voz Dormida: fala!

¿A qué afogado esperas,
Maria da Sombriza Espranza?

Maria Siléncio, ¿aagardas a tua voz?
¿As ondas do mar levado roubaron-cha?

De chúvia e vento vestida,
Maria Siléncio, calada...

Carvalho Calero, Ricardo (1980) Pretérito Imperfeito (1927-1961) (A Coruña: Ediciós do Castro)

 

  

 

Sobre nós

O Centro EPA “Eduardo Pondal” é o único centro público específico de adultos da cidade da Coruña. Formamos parte dunha rede de seis centros exclusivamente de adultos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Os demais centros están ubicados nas cidades de Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

A nosa oferta está pensada para todas as persoas maiores de 18 anos, en especial para aqueles que abandonaron o sistema educativo ordinario sen unha titulación básica e queren adquirila ou ben actualizala e acceder a outros niveis. É unha oferta gratuíta e de calidade: todo o profesorado pertence aos corpos docentes de Primaria, Secundaria e Catedráticos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Na actualidade estamos a atender a máis de mil alumnos nas diferentes modalidades de ensino que ofertamos. Se desexa máis información sobre a nosa Oferta Educativa utilice os atallos do menú da dereita.

O noso correo electrónico é epa.eduardo.pondal@edu.xunta.gal

e o Teléfono de contacto:  881 96 09 01

 

Onde estamos? | Praza Nosa Señora

As nosas actividades do Ensino Básico Inicial (niveis I e II) e da Aula Mentor desenvólvense nas instalacións da Praza de Nosa Señora s/n. A Coruña 15007.

Teléfono: 981 249 010
Fax: 981 237 986

Onde estamos? | Rúa Educación

O ensino dos niveis de Secundaria e Bacharelato, xunto á dirección e administración do centro, encóntranse nas instalacións do “Centro de Educación a Distancia”.

Rúa da Educación nº 3.
A Coruña 15011.

Teléfono: 881960901
Fax: 881960902

 

Entrada principal das instalacións

NOVIDADES

 

Lembrade que as guías para 1º de bacharelato, este curso 2015/16 están adaptadas á LOMCE, son diferentes ás do ano pasado. En consecuencia, os contidos, temporalización, contidos mínimos... son diferentes aos marcados o curso pasado. Tédelas na sección de Bacharelato semipresencial.

 

O calendario de avaliacións, tanto de Bacharelato, 1ª avaliación, coma o da ESA tédelo á vosa disposición nos apartados correspondentes, premendo no enlace.

 

 

Distribuir contido