Skip to Content

Avisos

AVISO

CALENDARIO DE EXAMES DE MATERIAS PENDENTES DE 1º BACH

DÍAS 22-23-24 DE ABRIL

CALENDARIO DE EXAMES DE AVALIACIÓN ORDINARIA DE 2º BACH

SEMANA DO 6 AO 10 DE MAIO

          Viaxe a Portugal este 26 de Abril!      

O Equipo de Dinamización Linguística e o departamento de português organizan unha viaxe a Monção e Salvaterra no día 26 de Abril.

A viaxe está  aberta a toda a comunidade educativa do noso centro.

A data limite para poderdes participar é até ao 22 de Abril.

O prezo de inscrición é de 25€.

Importante: Para vos inscribirdes é necesario usar o código QR que podedes ver nos cartaces. Este lévanos a un formulario que deberemos completar. Despois de realizado o formulario é necesario pagardes a inscrición entregando o diñeiro en administración.

 cliquen na imaxe para ampliar

*Viaxe suxeita a conseguir un número mínino de asistentes. En caso de non conseguirmos o número mínimo a viaxe será cancelada devolvendo a inscrición.

 


 

IMPORTANTE: VENRES 12 DE ABRIL 2024

non haberá aulas de ESA PRESENCIAL

 

porque no centro estarán realizándose as 

PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA MAIORES DE 18 ANOS

 

 

 

CELEBRACIÓN DAS PROBAS: VENRES 12 DE ABRIL 2024

              CHAMAMENTOS: VENRES 12 ABRIL 8:45

 

AVISO

 

 

 


 

INFORMACION BOLSAS DE ESTUDO MEC CONVOCATORIA XERAL CURSO
2024/2025

 

 

 

 

Hoxe volve ser un día de reivindicación onde conmemoramos o Día Internacional da Muller.

 

O noso alumnado estivo traballando en diferentes cartaces para este día cos que participaremos no “VII Concurso de carteis 8 de marzo” organizado pola Secretaría Xeral de Igualdade e, a ver se con un pouco de sorte, podemos levarnos algún premio para casa.

 

As titoras para este proxecto foron as compañeiras Antía Cortizas Leira e Ana Camino López e non podemos estar máis felices co traballo realizado.

 

Grazas, compañeiras, por animarvos a participar e guiar o camiño para seguir loitando pola igualdade todas xuntas!

Podedes ver parte dos cartaces clicando aqui

 

e tamén aqui:  o alumnado de 2ºESA mañá traballou para destacar algunhas das grandes mulleres dos diferentes países de orixe do noso alumnado e fixeron unha exposición que se atopa nas escaleiras entre o 1º e 2º andar.

 

actividade inserida dentro do Plan proxecta

 



 

 


 

 

21 de FEBREIRO - DIA DA LINGUA MATERNA

23 DE FEBREIRO - DIA DE ROSALIA DE CASTRO NA EDUCACIÓN

   O 21 de Febreiro célebrase o día mundial da lingua materna e o 23 de Febreiro o día de Rosalia de Castro, por iso, do Equipo de Dinamización Linguística do noso centro, queremos que toda a comunidade educativa participe na votación para escoller a mellor versión musicada moderna dun poema de Rosalía de Castro.
        Para iso so tedes que entrar aquí (ou escanear o QR que hai nos cartaces colgados pola escola), escoitar as instrucións, e comezar a ouvir e desfrutar das diversas propostas musicais con poemas de Rosalia. Para votar tedes que dar entre 1-10 puntos a cada unha delas.


Que gañe a que alcance máis puntos!

PADLET DO 23 DE FEBREIRO - DIA DE ROSALIA DE CASTRO


 

 

 

Este 11 de Febreiro é o

Día Internacional da Muller e da Nena na ciencia

Desde a materia de Cultura Científica de 1ºbach coa colaboración doutros cursos fixeron unha pequena exposición no primeiro andar onde tedes algunhas das magníficas investigadoras galegas. Poden clicar na imaxe para verdes a exposición ou podedes visitala no 1º andar do noso centro. Non deixedes de ver tamén o o traballo online realizado dentro das celebracións desta semana.   Para que nunca vos perdades nada do que estamos a facer en igualdade visitade regularmente o Padlet de igualdade

 

 


 

A semana do 5 ao 9 de febreiro as clases de EBI 1 pasarán da Aula 26A de UNED á Aula 1.2

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA ALUMNADO DE 2º BACH. CON MATERIAS PENDENTES DE 1º BACH

 

AVISOS

Notas ESA 1º cuadrimestre: venres 2 en abalar

Revisións e reclamacións: luns 5, 16:00-19:00 h

                                          martes 6, 10:00-13:00 h


 

Publicada convocatoria das probas para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos de 2024

PROBAS PARA A OBTENCIÓN

DO TÍTULO DE BACHARELATO

Data das celebración das probas:

26 ABRIL 2024

Período de matriculación:

15 ao 28 de Febreiro

Convocatoria no Portal Educativo

da Consellaría de Educación

 


 

Publicada convocatoria de probas libres de ESO

PROBAS LIBRES OBTENCIÓN TÍTULO ESO

 

Data das celebración das probas:

12 ABRIL 2024

Período de matriculación:

 5 ao 21 de Febreiro

Convocatoria no DOG


 Participa!


Exposición - O Amencer da Humanidade

Exposición sobre os primeiros seres humanos en territorio peninsular realizada polo Equipo de Dinamización Linguística co apoio do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Está no segundo andar do noso centro, frente á administración, non deixedes de visitala!

 


ENTREVISTAS NO EPAPU EDUARDO PONDAL

Este domingo foi publicado no La Voz de Galicia un artigo onde se recollen entrevistas ao noso alumnado e profesorado sobre como funciona o noso centro. Podedes ler o texto clicando na imaxe seguinte

 


 

Padlet iguais na diversidade

No noso centro elaboramos un padlet onde se poden ver as diferentes actividades do Plan proxecta Donas de si. Este proxecto serve para poñer de manifesto as diferentes mulleres galegas e doutras culturas que quedaron invisibilizadas ó longo do tempo.

Como é colaborativo, animámosvos a participar no Padlet enviando as vosas opinións e as vosas pesquisas. Tamén iremos informando periodicamente das seguintes actividades  que se vaian realizando.

Clique aquí para acceder ao Padlet iguais na diversidade (non funciona con firefox).

Esta actividade realizase ao abrigo do Plan Proxecta.

 

 

 

DIA DAS ESCRITORAS

Hoxe LUNS/segunda-feira 16 de Outubro é o Dia das Escritoras.

Para celebralo no noso centro foron colocadas en diferentes lugares frases de autoras com Pardo Bazán, Rosalia de Catro ou Rosa Chacel. Alén diso na Bilbioteca podedes procurar un Sombreiro onde encontrar recomendacións de leituras de autoras presentes na nosa biblioteca.

Ademais, na web das Bibliotecas de Galiza hoxe recoméndannos textos de autoras en galego que poden ser accesados directamente desde esta ligazón.E tamén textos de autoras en castelán seleccionados para esta edición.

O Día das Escritoras é unha iniciativa  organizada entre a Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mujeres Directivas e Executivas Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a asociación Clásicas e Modernas, Asociación para a igualdade de mulleres e homes na Cultura. Ademais, conta coa colaboración de Asociación Colexial de Escritores (ACE)e o Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO). Desde 2016 cando se institui este día de celebración búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

Nesta VIII edición o tema escollido foi O pracer, a alegría e o riso das mulleres. Como en edicións anteriores, a data escollida é o luns máis próximo á festividade de Teresa de Xesús, o 15 de outubro.  


GRUPOS DE 2º BACHARELATO.

En 2º de Bach, nas materias troncais e polo tanto as que contan con maior número de alumnado, faranse dous grupos na quenda de mañá:

  grupo 1: apelidos do A ao L

   grupo 2: apelidos do M ao Z

En 1º Bach, na materia TIC I, os grupos distribuiranse da mesma maneira

 

 


 

Probas libres ESO

PUBLICADAS NOTAS PROVISIONAIS

DAS PROBAS LIBRES.

Poden consultar as cualificacións aqui:

Cualificacións provisionais (convocatoria de setembro de 2023)

 


Benvidas/os ao cento EPAPU Eduardo pondal

2ªfeira/Luns día once de setembro comezará o período lectivo.

Poden consultar as presentacións de cada nivel educativo clicando na imaxe superior ou neste textoNon se esquezan de formalizar correctamente a matrícula nos prazos correspondentes para cada nivel.  


PRAZOS DE MATRÍCULA NO EPAPU EDUARDO PONDAL:

 

 MATRÍCULA BACHARELATO:

 Prazo actual:  Do 1 até ao 20 de Setembro

 


   MATRÍCULA EDUCACIÓN SECUNDARIA ADULTOS (ESA)

  •   ESA PRESENCIAL Primeiro cuadrimestre (no 1º cuadrimestre só se imparten os módulos 1 e 3):

            Prazo: do 1 ao 8 de setembro.

  •      ESA SEMIPRESENCIAL Primeiro cuadrimestre:

               Prazo: do 1 de setembro até ao 12 de xaneiro de 2024


  MATRÍCULA ENSINO BÁSICO INICIAL (EBI):

              Prazo: A partir do 1 de setembro a matrícula permanecerá aberta todo o ano condicionada en función do aforo.

 

 

PARA MAIS información clique aquí:

 


 Revista Retallos 2023

Retallos é a revista do centro onde todos os membros da comunidade educativa poden colaborar.

 

 Podedes acceder á versión dixital dos números da revista nesta sección.

 

AdxuntoTamaño
Aval Ord I 2º Bach 2024.jpg42.88 KB
Pendentes de 1º Bach 24.jpg34.29 KB
Pendentes de 1º Bach 24.jpg32.97 KB


book | by Dr. Radut