AVISO
LUNS 30 DE XANEIRO NON HABERÁ AULAS EN:
-
TICS I, 1º BACH mañá, (Grupo 1)
-
TICS II, 2º BACH mañá, (Grupo 1)
VENRES 27 DE XANEIRO NON HABERÁ AULAS EN:
- Ámbito Científico-Tecnol. Matemáticas, M3 Presencial
AVALIACIÓN ORDINARIA ESA 1º CUADRIMESTRE
(Clique na imaxe para aumentar)
Cando por motivos xustificados non se poida asistir á data e hora fixadas do exame oficial, entregaráselle ao Coordinador de ESA Semipresencial (Prof. Emiliano Perdiguero)ou ao Titor@ do grupo da ESA presencial, solicitude e documentación xustificativa para un posible cambio da proba.
As solicitudes deberán entregase entre o venres 13 e o xoves 26 de xaneiro.
|
TODAS AS CALIFICACIÓNS serán publicadas a través de ABALAR MOBIL
Para poder recibir as súas notas todo o alumnado terá que descargar a aplicación AbalarMóbil directamente no seu móbil.
Pódese descargar a APP nas seguintes ligazóns de Google Play Store para aparellos android ou na de Apple store para aparellos con sistema IOS.
É conveniente que descarguen e configuren a vosa conta canto antes e verifiquen que todo funciona correctamente.
Lembren que o número de teléfono onde se descargue a aplicación ten de ser o mesmo que consta na vosa matrícula.
Para mais información poden ver este vídeo explicativo
Benvidas ao novo período escolar 2022-2023
Benvidos ao novo período escolar 2022-2023.
HORARIOS 2022/2023
Na parte dereita da web hai ligazóns permanentes para cada nivel de ensino con información relevante.
Para ver condicións de matrícula e prazos aqui: Matrícula
MATRÍCULA 2022-23 BACHARELATO: Do 1 de setembro até ao 20 de setembro de 2022. ESA PRESENCIAL (1º e 3º): do 1 ao 8 de setembro. ESA SEMIPRESENCIAL: do 1 de setembro de 2022 até ao 13 de xaneiro de 2023 EBI: A partir do 1 de setembro Toda a información aqui:----> Matrícula <---- |
Revista Retallos 2022
Para obterdes un exemplar en papel só tedes que preguntar en administración ou na Biblioteca. Tamén podedes ver unha versión dixital deste e de números anteriores na sección Revista Retallos da web.
na avaliación extraordinaria de Xuño 2022
Segundo o Artigo 17 da Orde de 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación. Obtención do título de bacharelato polo réxime de persoas adultas. Condicións para titular cunha materia suspensa: Os alumnos e as alumnas que cursen o bacharelato polo réxime para persoas adultas obterán o título sempre que obtivesen avaliación positiva en todas as materias dos dous cursos de bacharelato, ou en todas as materias agás unha. Neste último caso, deberanse reunir simultaneamente todas as condicións seguintes: a) Que o equipo docente considere que a alumna ou o alumno alcanzou as competencias e os obxectivos vinculados a ese título. b) Que non se produciu un abandono da materia por parte da alumna ou do alumno, conforme os criterios establecidos por parte dos centros no marco do disposto pola consellería con competencias en materia de educación. No noso caso e segundo a circular 3/2021 Bacharelato no seu apartado 9. “Nunha materia, cando o número de faltas de asistencia sen xustificar supere o 10% do horario establecido para esa materia no curso completo ou cando o número de faltas de asistencia xustificadas ou sen xustificar a unha materia supere o 20% do horario establecido.” c) Que a alumna ou o alumno se presentou a todas as probas e realizou todas as actividades necesarias para a súa avaliación, incluídas as da convocatoria extraordinaria.
d) Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias da etapa sexa igual ou superior a cinco.
|
Concluiu o 1º CONCURSO DE FORTOGRAFÍA 2021-2022 , clica na ligazón para veres a gañadora
(CLICA NO TEXTO PARA SABERES MÁIS)