Actividades

Concurso de escritura

 A biblioteca da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela convoca un concurso de escritura.

Os textos serán orixinais, inéditos e contarán cun máximo de 150 palabras en galego, sen contar o título e a frase inicial.

Prazo de presentación: 25 de outubro.

Consulta aquí as bases do concurso.

Conversa entre Kathleen March e Susana Sanches Arins

- Seique vén Kathleen March á EOI?!

- Si, e seique vén con Susana Sanches Arins!!
Queres saber máis destas dúas filólogas e da obra que as une?

O vindeiro martes 3 de outubro ás 20:00 horas no Salón de actos da EOI a escritora Susana Sanches Arins presentará na nosa escola á filologa estadounidense Kathleen March (Universidade de Maine), recentemente nomeada académica de honra pola Real Academia Galega.

Kathleen March é a tradutora da obra Seique (Através Editora) ao inglés And they say (Small Stations Press). O libro de Susana Sanches Arins obtivo o premio na V Gala do libro galego na categoría de narrativa no ano 2020, e a tradución feita pola mesma autora Dicen (De Conatus) o premio outorgado polos libreiros de Madrid como Libro do ano ao mellor libro de ficción no 2019.

26 de setembro, Día Europeo das Linguas

 

 

Ven celebrar connosco a diversidade linguística no Día Europeo das Linguas

Participa e leva un premio!

26 de setembro, ás 19:30 na Sala de Actos

Poesía vencedora do certame aRi[t]mar galiza e portugal 2023

Xa temos vencedoras nas categorías de mellor poesía do ano na Galiza e en Portugal.
Na Galiza MAMÁ fala en linguaxes de documentos predeterminados, de Arancha Nogueira. Em Portugal Se de repente perto fosse um verbo, de Maria Isabel Fidalgo.
As segundas poesías clasificadas foron a galega "Se algunha cousa queren comigo", de Lorena Conde, e a portuguesa "Podia-te chamar Lisrio", de Fernando Machado Antunes.
Na terceira posición quedaron a galega "As amigas", de Yolanda Castaño, e a portuguesa "Faço uma curta viagem", de Maria Teresa Dias Furtado.
Parabéns ás vencedoras e ás segundas e terceiras clasificadas!

Votacións poesía aRi[t]mar galiza e portugal

Até ás 23:59 h do día 14 de maio permanece aberto o prazo para votares e escolleres a mellor poesía da Galiza e de Portugal.

Podes ler todos os poemas e despois votares premendo aquí.

 

Tándem lingüístico na biblioteca

tandem

O equipo de biblioteca, en colaboración co departamento de español para estranxeiros, convida ao alumnado da EOI e as súas seccións a participar nun TANDEM LINGÜÍSTICO na biblioteca en Vite, unha actividade de conversa durante o curso 2023/24 na que dous alumnos/as poden reunirse regularmente para aprender cada un a lingua do outro desde a base da reciprocidade e a colaboración.

Como participar?

1) Achégate a biblioteca e enche a man dúas fichas que che facilitará o profesorado encargado.O alumnado das seccións interesado en participar pode enviar un mail a biblioteca@eoisantiago.org.

2) Recibirás un email cos pasos a seguir para porte en contacto con alumnado co que facer un tándem na biblioteca.

Feira solidaria do libro (29 nov - 1 dec)

Volve a nosa feira solidaria, que tanto éxito tivo nas anteriores edicións.

Aporta o teu gran de area:

a) doando libros novos ou de segunda man en bo estado, ou

b) comprando os libros á venda por un prezo simbólico.

A recollida de doazóns farase do 14 ao 25 de novembro do 2022, na conserxaría do centro.

A Feira solidaria celebrarase do martes 29 de novembro ao xoves 1 de decembro, na entrada do centro, en horario de 10:45 a 13:30 e de 17 a 20.

7th Mini saga contest

Mini saga contestHelp us choose the finalists of the 7th Mini Saga Contest by reading the 15 mini stories on this link and voting for your favourite mini saga here.

Public voting will be enabled until December 9th.

The jury, who will be composed of members from the teaching staff of the English department, will judge the 7 stories that receive the highest number of votes and award 3 prizes based on their originality and linguistic quality.

Winners will be announced on December 16th.

Visite à la bibliothèque

Cartel bibliotecaVisite découverte de la bibliothèque en quête d'indices pour des détectives en herbe.

Mardi 18 octobre 2022 à 10h40
Mardi 18 octobre 2022 à 19h10

Distribuir contido