2023-2024

Actividades desenvolta ao longo do curso 23-24

Listaxe provisional do alumnado admitido no noso centro para o vindeiro curso 2024-2025

Está admitido no noso centro de xeito provisional TODO o alumnado que presentou solicitude de admisión para o vindeiro curso 2024-2025.

Listaxe provisional do alumnado admitido no noso centro para o vindeiro curso 2024-2025

Está admitido no noso centro de xeito provisional TODO o alumnado que presentou solicitude de admisión para o vindeiro curso 2024-2025.

SESIÓN INAUGURAL DO CLUB DE CIENCIA "NAUTILUS" DO CRA DE RIANXO CURSO 2023-2024: "ORIXE"

O mércores 25 de outubro de 2023, tivo lugar a sesión inaugural do noso club de ciencia deste curso 2023-2024. Os mércores lectivos, en semanas alternas, reunirémonos con María, David e Yolanda de Arenaria para compartir moitas actividades e experiencias que nos achegarán ao mundo da ciencia. Ao igual que o curso pasado tivemos que organizar o club en quendas quincenais. 

 

Iniciamos este ano o club de ciencia situando o PDI do CRA, que uniremos nalgunhas sesións de ciencia. Neste caso, falando da orixe, pero da ciencia! Como xorde o coñecemento científico? Cales foron os primeiros inventos e os primeiros descubrimentos? Cales serías os avances máis importantes na historia? Pois todo isto traballamos, e puidemos ver e manipular distintos inventos modernos que agora nos parecen xa obsoletos que que moitos de nós non coñecíamos, como por exemplo un magnetofón, ou unha cámara de fotos de carrete!

 

Pasámolo moi ben e aprendimos un montón de cousas sobre como foi evolucionando o pensamento científico do ser humano que permitiu crear inventos tan sinxelos como nos pode parecer hoxe en día unha roda pero que significaron grandes avances para a humanidade.

Feliz Ano 2024!

Propostas para o Nadal

Está rematando o trimestre e chegan as vacacións. No Nadal teremos tempo para xogar, descansar, estar coa familia e amigos e facer moitas cousas máis. Non te esquezas de adicar un tempo á lectura. Un libro sempre é un bo amigo!

Deixamos aquí as Recomendacións Lectoras coas novidades e propostas interesantes para que vos animedes a ler nestas vacacións. (Clica na imaxe)

BO NADAL e FELICES LECTURAS!!!!

 

 

 

3 de Decembro de 2023: Día Internacional das Persoas con Discapacidade

O venres o noso centro estivo participando a través das escolas de Abuín, Rañó, Quintáns e Pazo no FESTIRITITIti promovendo a INCLUSIÓN  a través do xogo e da diversión.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2023/12/01/medusas-gigantes-cocodrilo-dos-cabezas-globos-celebrar-inclusion-festiritititi-amicos/00031701443289848547949.htm

25 de Novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero

NON MÁIS VIOLENCIA DE XÉNERO

                

Distribuir contido