2023-2024

Actividades desenvolta ao longo do curso 23-24

CIENCIA NA ESCOLA 23-24: "ECLIPSES NA ESCOLA DE RAÑÓ"

@s nos@s compañeir@s da escola de Rañó estiveron investigando sobre as eclipses. Descubriron que era unha eclipse, os tipos de eclipse (de Sol e de Lúa), cando se producen, que é o que ocorre e en que partes do mundo se poden ver cando suceden. Para finalizar apagaron as luces e fixeron unhas simulacións utlilizando un globo terráqueo e unha linterna:

A verdade é que crearon o seu propio eclipse dentro da aula! Noraboa compañeir@s. Ata a próxima!

 

 

5ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA 23-24: "UN POUCO DE INTELIXENCIA... ARTIFICIAL"

Esta semana no club de ciencia traballamos coa IA, a intelixencia artificial:

      

Falamos a cerca de que é iso da IA ou da realidade aumentada. A través de tablets e apps investigamos como funciona, e xogamos con ela!

Aprendimos un montón de cousas e pasámolo xenial! Ata a próxima!

4º SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA: "CONSTRUIMOS"

Nesta sesión do club de ciencia puxemos a proba a nosa imaxinación construindo formas e respondendo aos retos que nos propoñía David dando renda solta a nosa creatividade.

A verdade é que fixemos cousas moi chulas!

3ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA 23-24: "ESTUDO DE RASTROS DE ANIMAIS"

Cando imos ao monte ou á praia, as veces non podemos ver os animais que viven alí, pero si que atopamos os seus rastros. Nesta sesión do club de ciencia aprendemos a identificalos e a coñecer máis da nosa contorna natural.

Pasámolo moi ben e aprendemos un montón. Ata a próxima!

 

CIENCIA NA ESCOLA: "MALETA CIENTÍFICA VIAXEIRA 2023-2024"

Este curso ao igual que nos cursos anteriores empezou a rotar polas nosas escolas a maleta científica viaxiera 2023-2024 do Club de Ciencia. A maleta proporciónanos libros, materiais e utensilios para implementar a experimentación científica nas nosas aulas. A maleta vai acompañada dunha libreta onde podemos deixar recollidas á nosas experiencias.

CIENCIA NA ESCOLA 23-24: "A FORMACIÓN DO NOSO PLANETA E OS VOLCÁNS NA ESCOLA DE RAÑÓ"

Este curso estamos traballando nas nosas escolas o PDI "A Orixe", @s nos@s compañeir@s da Escola de Rañó investigaron a cerca da formación do noso planeta e descubriron moitas cousas, entre elas a importancia da actividade volcánica nas primeiras etapas da Terra. Por iso decidiron investigar un pouco máis sobre o que é un volcán e o seu funcionamento. Para rematar fixeron o seguinte experimento:

Xenial compañeir@s, xa sodes uns verdadeir@s vulcanólog@s. Ata a próxima!

CIENCIA NA ESCOLA 23-24: "OS MOVEMENTOS DA TERRA E AS ESTACIÓNS NA ESCOLA DE CAPELA".

@s nos@s compañeir@s da Escola de Capela estiveron investigando sobre a formación  do universo e do noso sistema solar. Fixeron diversos traballos entre eles un panel que recolle as catro estacións en base aos movementos da Terra de translación e rotación.

A verdade e que lle quedou moi chulo!

Noraboa compañeir@s! Ata a próxima.

CIENCIA NA ESCOLA 23-24: "O BIG BANG NA ESCOLA DE RAÑÓ"

@s nos@s compañeir@s da escola de Rañó descubriron como se formou o universo e decidiron plasmalo a través dun experimento. Realizaron o seu propio "Big Bang" e este foi o resultado:

 

Bravo compañeir@s!

Ata a próxima!

2ª SESIÓN DO CLUB DE CIENCIA 23-24: "ENTRE PEIXES ANDA O XOGO"

Nesta 2ª sesión do club de ciencia falamos da historia da vida no noso planeta.

 

Descubrimos que ao longo da historia, houbo diferentes pasos importantes na nosa evolución. Sempre se fala dos monos, pero un paso vital para nós foi o primeiro vertebrado no planeta, que non foi un animal terrestre senón mariño! Falamos e piudemos ver como eran estes artistas da evolución e da adaptación.

 

Aprendemos moito e pasámolo moi ben. Ata a próxima!

PROCESO DE RESERVA DE PRAZAS PARA O CURSO 2024-2025

Iníciase o proceso de solicitude de reserva de praza para o alumnado de 6º de Educación Infantil e 2º de Educación Primaria que pretenda continuar os estudos de primaria nos centros de adscrición correspondentes, nestes casos:

- Quintáns, Rañó, Pazo e Abuín: o CEIP ADR Castelao (Rianxo)

- Cuvide, Cruceiro, Outeiro e Capela: o CEP Xosé María Brea Segade (Taragoña).

*As familias que teñan previsto matricular @s nen@s nun centro  distinto aos adscritos non teñen que facer a reserva, deberá solicitar praza en dito centro cando se inicie o proceso de admisión en marzo.

 Prazo para presentar as solicitudes: 15 de xaneiro a 05 de febreiro de 2024.

 Deberán presentar o Anexo 2 debidamente cuberto na sede do CRA de Rianxo en Asados (Anexo_2_castelán)

 Tamén se permitirá presentar a solicitude en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a sede electrónica, para o que precisará de Chave 365 ou certificado dixital.

 Dentro da aplicación "admisionalumnado" hai instrucións para as familias que fagan a solicitude en rede. ENLACE ÁS INSTRUCIÓNS

 

 Poderase entregar a documentación na sede do CRA de Rianxo no seguinte horario (mellor chamar antes ao 629650523 para asegurarse de que estea aberta a sede administrativa).

Luns: de 12:30 a 14:00 h

Martes: de 12:30 a 14:00 h e de 16:00 a 18:00 h

Mércores: de 11:00 a 12:45 h

Xoves: de 9:00 a 14:00 h

 

Adxuntamos os formularios para poder descargar e imprimir da solicitude de reserva.

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido