Educación Infantil

25-N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

TÓDOLOS DÍAS DO ANO TEMOS O DEBER DE COMBATER CALQUERA TIPO DE VIOLENCIA, PERO CADA 25 DE NOVEMBRO SENTIMOS A OBRIGA DE BERRAR, CON MAIOR INTENSIDADE SE É POSIBLE, CONTRA A VIOLENCIA EXERCIDA CARA AS MULLERES.

ESTE TIPO DE VIOLENCIA EXPRESA RELACIÓNS DE DESIGUALDADE ENTRE HOMES E MULLERES ATENTANDO, POLO TANTO, CONTRA OS DEREITOS HUMANOS.

 

 

 NA ESCOLA DE CRUCEIRO CONMEMORAMOS ESTA DATA CUNHA INSTALACIÓN DE ARTE COMUNITARIA ELABORADA COA PARTICIPACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA.

TECEMOS UNHA GRAN ARAÑEIRA NO PATIO E DELA PENDURAMOS O NOSO NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO A TRAVÉS DAS PEGADAS DAS NOSAS MANS.

 

ADEMAIS ESTA INSTALACIÓN TAMÉN PROVOCA DIVERTIDOS MOMENTOS DE XOGO... EN PAZ E CALMA.

VOCES BAIXAS

https://picasion.com/

SEMPRE SOUBEMOS DO AGRADABLE QUE É FALAR BAIXIÑO. AS PALABRAS SAEN DOCES DA NOSA BOCA E DOCES CHEGAN TAMÉN AOS NOSOS OUVIDOS.
AGORA SABEMOS TAMÉN DO SAUDABLE QUE PODE CHEGAR A SER:
XUNTO COA VOZ, DA BOCA SAEN AEROSOIS, UNHAS PEQUERRECHAS PINGAS QUE QUEDAN A FLOTAR NO AIRE UNHA CHEA DE TEMPO. ATRAPADAS NESAS PINGUIÑAS, PODEN SAÍR TAMÉN VIRUS QUE TEÑAMOS DENTRO DO NOSO CORPO E ALGUÉN PODE ENFERMAR AO RESPIRALOS.
SE FALAMOS BAIXIÑO SAEN POUCOS AEROSOIS, PERO SE BERRAMOS SAEN UNHA CHEA.
AH, QUE BOAS SON AS VOCES BAIXAS !
SUAVES, LENES, DOCES... E SAUDABEIS.

Magosto e aniversario!

Todos os anos o magosto era unha festa moi especial porque era a primeira xuntanza do curso de todas as escolas do CRA e das familias. Este ano tivo que ser un pouco diferente pero aínda así, intentamos desfrutar como se nada cambiara!

Xogos tradicionais, cancións, bailes, agasallos, merendola... Que ben o pasamos!!

 

LANDRAINA

O PASADO VENRES 9 DE OUTUBRO VEU Á ESCOLA A VISITARNOS EMILIO PARA CONTARNOS EN QUE CONSISTE A LANDRAINA.

CONSISTE NA RECOLLIDA DE LANDRAS DE CARBALLO E SOBREIRA, E TAMÉN CASTAÑAS, PARA REFORESTAR ALGÚNS MONTES DE TARAGOÑA.

NO CASO DE QUE SE RECOLLAN MOITAS FARÁN UNHA DOAZÓN PARA OS MONTES DO XURÉS, ESTRAGADOS POLOS INCENDIOS DO PASADO VERÁN.

APROVEITAMOS PARA IR CON EMILIO AO PRADO A OBSERVAR UN EXEMPLAR DE CARBALLO E OUTRO DE EUCALIPTO.

OS CARBALLOS SON ÁRBORES AUTÓCTONAS DE GALICIA. OS EUCALIPTOS NON.

OS ANIMAIS NON OS RECOÑECEN. NON ANIÑAN NAS SÚAS PÓLAS E TAMPOUCO COMEN AS SÚAS FOLLAS OU FROITOS.

TAMÉN OBSERVAMOS UNS BUGALLOS OU COCAS DO CARBALLO.

TRÁTASE DUNHA REACCIÓN DEFENSIVA DA ÁRBORE ANTE A POSTA DE OVOS DUNHA AVESPA.

APRENDEMOS TANTAS COUSAS GRAZAS A EMILIO QUE XA ESTAMOS DESEXANDO QUE VOLVA DE NOVO POLA ESCOLA.

ESTAMOS DE VOLTA! (Curso 2020/2021)

 

Arrincamos un novo curso de maneira moi diferente... pero con máis ganas que nunca!!

 

Un comezo de curso no que os nenos volven a darnos unha lección de vida ca súa capacidade para adaptarse ás situacións!!! Canto temos que aprender deles!!

 

 

                                       

 

 

 

 

     

                                           

FALEMOS DE SENTIMENTOS:

 

Neste tempo tan convulso e distinto ao que viñamos estando afeitos, temos que coidar mais ca nunca o noso benestar tanto físico como emocional. Por iso é importante darlles canles aos mais cativos para que poidan expresar todo o que precisen, os seus medos, as inquedanzas, o seu parecer, a súa ledicia... 

 

 

 

OS MAIOS

O Coronavirus non foi quen de impedir que festexásemos o renacer da primavera, das flores, en resumo, da VIDA.

Por iso este ano a Festa dos Maios cobrou un significado mais especial se cabe na nosa escola e nas nosas casas. As nosas composicións de maios enchéronse de mais cor ca nunca, de fermosura, de grandes esperanzas, desexos e de vida.

Este ano cantámoslle ó maio mais alto ca nunca.

 

UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA

Como ben sabedes neste curso o noso proxecto de centro xira entorno á GASTRONOMÍA.

Así durante o confinamento por mor do Coronavirus, tivemos ocasión de cociñar deliciosas receitas coa axuda das nosas familias. Pero tamén nos quedou tempo para desfrutar doutro gran pracer, o da lectura.

Un dos contos que máis nos gustou, relacionado co proxecto de Gastronomía, foi: "Unha eiruga moi larpeira".

Gustounos tanto que decidimos facer a nosa particular versión, e contárvolo a tod@s vós.

 

DÍA DO LIBRO. 23 DE ABRIL

O 23  de abril celébrase o Día do Libro. Este ano tocounos festexalo dunha maneira distinta, pero non por iso menos orixinal. Nesta ocasión xogamos a reproducir portadas dos nosos libros preferidos, aquí tendes a mostra do noso traballo.

Agardamos que vos guste tanto como a nós.Sorriso

 

 

 

 

Distribuir contido