Abrimos a Biblioteca de Daniel para o curso 23-24

 

 

O vindeiro Mércores 4 de Outubro volve a abrir a nosa biblioteca.

Este curso ademáis de poder vir a ler e coller libros para levar para as vosas casas imos a ter sesións de CONTACONTOS QUINCENALMENTE.

Próximamente informaremos sobre o Club de Ciencia

 

 

 

BECAS MUNICIPAIS

Adxuntamos información para a solicitude das becas municipais. 

 

Ante calquera dúbida poñerse en contacto cos Servizos Sociais ComunitarioS (crta. de Tanxil, 12)

Teléfono: 981860061 / 881862834 

Correo: servizossociais@concelloderianxo.gal

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ANPA IRMÁNS ÍNSUA

Este curso 2023-2024 a ANPA Irmáns Ínsua ofrece unha serie de actividades extraescolares para o alumnado.

 

  • Pintura: luns de 18:30 a 19:30 horas no Centro Cultura A Capela.

 

  • Inglés: martes de 16:30 a 17:30 horas na Escola de Cruceiro.

 

  • Música: xoves de 16:30 a 17:30 horas na Escola de Pazo.

 

  • Piscina: venres de 16:00 a 16:45 / 16:45 - 17:30 horas na Piscina Municipal de Rianxo.

 

Para inscribirse empregade o seguinte enlace : inscrición ou cubrir a ficha de inscrición e mandala ao correo (crarianxoanpa@gmail.com)

Máis información no documento adxunto.

Iniciamos novo curso

Benvidas e benvidos ao novo curso 2023-2024

Benvidas e benvidos a todas e todos a este novo curso que se inicia. Mañá, 1 de setembro, o profesorado do CRA regresamos das vacacións de verán con moita ilusión para poñernos mans á obra e ter todo preparado cando cheguedes. 

As nenas e nenos comezarán as clases o vindeiro luns 11 de setembro, desexámosvos que teñades un curso estupendo, nós poñeremos todo da nosa parte para que así sexa. Ao longo da vindeira semana as titorías poñeranse en contacto con vós para comunicarvos a data e hora da reunión de inicio de curso, non faltedes. 
 
Ante calquera dúbida podedes chamar aos seguintes teléfonos:
Telf do centro: 981 86 33 05
Móvil de dirección: 629 65 05 33
Horario de atención do 1 ao 8 de setembro: de luns a venres de 10:00- 13:30

 

Lembramos a listaxe de libros de texto para o alumnado de Primaria

Un saúdo, bo inicio de curso para tod@s.

 

Programa de alimentación saudable

O claustro de mestres segue formándose en hábitos de alimentación saudable para seguir mellorando na educación  para a saúde do noso alumnado e das súas familias.

Momentos de despedidas

Hoxe dicimos adeus a Mari, a nosa coidadora, coa esperanza que volva a repetir no CRA.

Moitas grazas polos regaliños Beso

A Trastenda dos Contos - Caxoto

Hoxe fomos ao auditorio a desfrutar dun contacontos organizado pola ANPA. MOITAS GRAZAS!

Distribuir contido