TARDES CON DANIEL

 

MAÑÁ MARTES 14 DE FEBREIRO A NOSA BIBLIOTECA ABRE AS SÚAS PORTAS PARA GOCE DOS NOSOS NENOS E NENAS. A PROFE BELÉN DE CAPELA NOS PRESENTA A UN AMIGO MOI ESPECIAL "O MOSTRO DE CORES". ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR NESTA TARDE DE TROULA CON DANIEL E OS SEUS AMIGOS E AMIGAS. CONTAMOS CON VÓS!!

TARDES CON DANIEL

ESTE MARTES LOITAMOS CONTRA A CHOIVA E O TEMPORAL NA BIBLIOTECA DE DANIEL! ESTÉN NEGRAS, BRANCAS OU GRISES, LUCÍA CÓNTANOS...

"BAILAR NAS NUBES"

NON PERDADES OCASIÓN DE VIR PASAR UN RATIÑO AGRADABLE CANDA NÓS!

Calendario proceso de admisión e matriculación 2017/2018

O 1 de febreiro iníciase o procedemento de admisión e matriculación do alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato para o curso 2017- 2018.

 

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN:

Reserva de praza para o alumnado que remata ciclo no CRA de Rianxo e continúa estudos nos seguintes centros adscritos: 
 - CEIP Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
 - CEP Xosé María Brea Segade
Do 1 ao 15 de febreiro.
Data do sorteo público da letra a efectos de desempate.
Antes do 1 de marzo
Publicación de postos escolares vacantes.
Antes do 1 de marzo
Presentación da solicitude de admisión (alumnado de novo ingreso)
Do 1 ao 20 de marzo
Presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo.
Do 23 de marzo ao 5 de abril
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos.
Antes do 25 de abril
Publicación de listaxes definitivas.
 
Antes do 15 de maio
Formalización da matrícula en Educación Infantil e Educación Primaria
Do 20 ao 30 de xuño

RESERVA DE PRAZA NOS CENTROS ADSCRITOS:

Os alumnos/as que para o vindeiro curso se trasladen ao CEIP Castelao ou CEP Brea Segade, deberán realizar a reserva de praza entre o 1 e o 15 de febreiro. A solicitude de reserva pode facerse de xeito manual, no seguinte impreso que tamén se facilita dende as escolas, ou a través da aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/). Máis información sobre esta aplicación.

En ámbolos dous casos, fixérase a solicitude manualmente ou na aplicación admisionalumnado, hai que presentar a solicitude de forma impresa na sede do CRA de Rianxo no lugar de Atalaia s/n, Asados.

Quen non realice a reserva de praza nos prazos indicados, renuncia ao dereito de praza no centro adscrito.

TARDES CON DANIEL

ESTE MARTES A BIBLIOTECA DE DANIEL ABRE AS SÚAS PORTAS PARA RECIBIR AO POLIÑO MÁIS XEITOSO DE TODA A BISBARRA! COCORICO! E TRAE ALGO BEN DOCE CON EL...ÍDELO PERDER? AGARDÁMOSVOS!

SEMANA DA FROITA

Un ano máis o noso cole aposta por unha alimentación saudable integrándonos no programa de froita escolar. Ao longo desta semana os nosos nenos e nenas degustan froita fresca na hora da merenda . Bo proveito!

CONTACONTOS DA ANPA

ESTE MARTES 24, ÁS 17H, AS MAMÁS DA ANPA CONTAN ORELLAS DE BOLBORETA! NON PERDADES OCASIÓN DE VIR ESCOITAR ESTE CONTO MARABILLOSO CO QUE AS NOSAS QUERIDAS FAMILIAS NOS VAN A ACHEGAR Á CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ!

DENDE O CRA DE RIANXO QUERÉMOSLLE AGRADECER O SEU TRABALLO E A SÚA MARABILLOSA PARTICIPACIÓN NA NOSA BIBLIOTECA!

TARDES CON DANIEL

O VINDEIRO MARTES 17 DE XANEIRO A NOSA BIBLIOTECA ABRE AS SÚAS PORTAS DENDE AS 16:00H ATA ÁS 18:00 H , PARA QUE COMPARTADES CON DANIEL UNHA TARDE ENTRE LIBROS . COMO XA SABEDES AS 17H TERÁ LUGAR O CONTACONTOS. ESTA SEMANA A PROFE ANA DE APOIO CONTARANOS O CONTO "UN AGASALLO DIFERENTE". ESPERAMOS POR TODOS VÓS!

TARDES CON DANIEL

HOXE A NOSA BIBLIOTECA VOLVE A ABRIR AS SÚAS PORTAS NO SEU HORARIO HABITUAL. DENDE ÁS 16:00 ATA ÁS 18:00 H PODEDES GOZAR EN COMPAÑA DE DANIEL DO PRACER DA LECTURA. E POR SUPOSTO ÁS 17:00 H TEREMOS O CONTACONTOS. DESTA VEZ AS MESTRAS ENCARGADAS SERÁN A PROFE YOLI DE P.T. E A PROFE LAURA DE A.L.QUE NOS DELEITARÁN CO CONTO "AS MANOPLAS DE CARRAPUCHIÑA"

ANIMÁDEVOS A VIR!

CONTAMOS CON VÓS!

FESTIVAL NADAL 2016

                                   FESTIVAL                                                      

 "SABOREANDO A NOSA CULTURA"

                                                                            

 C.R.A. DE RIANXO 2016

 

O vindeiro mércores 21 de decembro, no Auditorio Municipal de Rianxo, en

horario de 10 a 12:30 h terá lugar o noso tradicional festival de Nadal. A través

de música, poesías, contos e bailes, realizaremos unha homenaxe a diversas

persoaxes da cultura galega. Estades todos e todas convidados e convidadas.

TARDES CON DANIEL

A nosa biblioteca volve abrir as súas portas este martes día 20 de decembro. Por cuestións organizativas abriremos as nosas portas as 17:00 h, hora na que está previsto se realice o contacontos como en xornadas anteriores. A profe Ana da escola de Pazo vainos contar "Rosa caramelo". Anímádevos a participar desta tarde de lecer co noso amigo Daniel!

Distribuir contido