TROMPOS Ó CAMIÑO

"Polo San Martiño,

trompos ó camiño!!"

Dixo a avoa Lola. Botouse a andar e chegou á escola.

Pero o trompo quedáralle na casa!.

Por fortuna, Aida estaba tamén na escola. Os nenos e nenas da escola de Asados nestas datas andan sempre co seu trompo ou buxaina, e Aida prestoulle o seu á avoa Lola.

Que dominio! 

O trompo xirou no cortizo e na baldosa do chan e ata nas mans de Aitor e da súa avoa!

Para se despedir a avoa Lola agasallounos con outro refrán:

" No San Martiño,

vellos ó abrigo,

noces e pan trigo"

QUE GUSTO DÁ

AI AVOA LOLA, QUE GUSTO DÁ VELA COMPARTIR OS XOGOS DA SÚA INFANCIA COS NENOS E NENAS DA ESCOLA. SIGA ASÍ E ENTRE TODOS E TODAS A VER SE IMOS RECUPERANDO AQUELA INFANCIA TAN XOGADA.

                           UN BIQUIÑO,

                                               MARÍA