Aula virtual do C.R.A. de Rianxo

Para manter a comunicacion coas familias e coas nosas alumnas e alumnos o profesorado do C.R.A. están a preparar a traves da  aula virtual do centro  e doutras aplicacións telemáticas recursos diversos para que podades disfrutar de contos, xogos e cancións.

Na aula  virtual os contidos poñeranse en acceso libre polo que non vai ser necesario rexistrarse. Pronto vos daremos mais novedades.

Para comezar deixamos aquí o enlace ao conto A Cebra Camila.

---

A Sociedade Española de Ornitoloxía abre, coma nas últimos anos, unha "xanela diaria á vida salvaxe" coa posta en marcha dunha rede de cámaras webs que transmiten en directo o proceso de cría de especies emblemáticas da fauna ibérica como o voitre negro ou o lagarteiro das torres.

Neste momento hai operativas 4 cámaras:

Voitre negro. Rascafría. P.N. Sierra de Guadarrama

Curuxa común. P.N. Cabañeros

Lagarteiro das torres (Cernícalo primilla) P.N. de Cabañeros

 

AVISO FAMILIAS RELIXIÓN:

Estades todos e todas invitados e invitadas a participar da google classroom "Imos a Reli". Só precisades ter aberta unha conta de gmail para apuntar as vosas crianzas. Ao entrar na aplicación en "apuntarse a una clase" introducides os seguinte código s7k5abz e listo. É unha aplicación que tamén serve para móviles e tabletas. Animádevos a participar. Un bico a profe Celia.