23 Outubro, comezamos as actividades co club de ciencia

Hoxe comezamos outra vez os experimentos no Club de Ciencia

Somos moitas nenas e nenos, 24 en total. Vimos de Abuin, de Capela, de Cruceiro, de Cuvide, de Outeiro, de Pazo, de Quintáns e de Raño. En fin de todas as escolas.

Estivo con nos María e despois de presentarnos fixemos varios experimentos con auga.

Antía explicounos que a auga está composta de partículas que se agarran entre elas, por eso, cando as botamos nun obxecto, a auga queda como agarrada ao obxecto. Fixemos experimentos con moedas e con vasos para comprobar que a auga queda agarrada. Tamén vimos como a auga nos protexe do lume.

Aqui estamos, faltaba algún neno, pero xa somos moitas

María dixo que teríamos que facer dous grupos

Xulia coa pipeta, bota gotiñas de auga enriba dunha moeda e as

gotiñas quedan agarradas á moeda, non se escapan.

Iker mira como Xulia tapa un vaso con auga cunha media. Se

consigue estirar ben a media e logo dar volta ao vaso rápido,

a auga non caerá. Ten algo de dificultade pero podemos intentalo