VISITA AO PARQUE ARQUEOLÓXICO DE ARTE RUPESTRE DE CAMPO LAMEIRO: UN LUGAR PARA APRENDER

O prómimo martes 28 de maio visitaremos o Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro, un lugar estupendo para rematar o curso retomando moitas das cousas que traballamos ao longo do ano a través do noso proxecto histórico.

O Parque Arqueolóxico é un lugar para aprender, pero tamén para divertirse e emocionarse cos petróglifos e cos grupos humanos da Idade do Bronce que os crearon no pasado. Na nosa visita, o parque ofrécemos unha viaxe emocionante ao pasado guiados por monitores especializados, que pasa polas seguintes etapas:

 

  • Paseo pola área arqueolóxica, na que é posible observar os deseños xeométricos e naturalistas propios dos petróglifos galegos, e contemplar algúns dos paneis gravados máis salientables de Galicia.

  

           

   

 

  • Acceso á recreación dun pequeno poboado da Idade do Bronce, un espazo no que é posible realizar unha viaxe no tempo e aproximarse aos modos de vida propios desa época.

 

 

  • E si da tempo: realización dun pequeno obradoiro.

 

Queridos alumnas e alumnos todo isto nos espera en Campo Lameiro non vos queremos mostar máis fotos para non "destripar" toda a visita, con este aperitivo pretendemos que se abra o voso apetito investigador e queirades vir ao parque para ser arqueólogos por un día facendo "traballo de campo", dende o equipo de Atividades Complementarias vos animamos a participar. Moitos biquiños a ata a próxima.