A ANPA IRMÁNS ÍNSUA ORGANIZA UN CLUB DE LECTURA PARA TODOS OS NENOS E NENAS DA ESCOLA

Este mércores 6 de febreiro na Escola de O Pazo a Anpa do Cra de Rianxo comeza co seu Club de Lectura. A actividade é totalmente gratuíta e aberta a todas as crianzas do Cra. Os nenos e nenas asistirán acompañados dun adulto que se fará cargo deles e que tamén poderá gozar coa lectura e con outras propostas moi creativas e divertidas. O horario é de 16:30 a 18:30. Traede a merenda e, se queredes, tamén aos avós!!! Animádevos, ímolo pasar moi ben!

QUE BONITO SERÁN!!!

Enchimos a Escola do Pazo ate os topes... de contos, de música, de debuxos, de merendas... de nenas e nenos, papás e mamás... e viñeron con moito cariño profes do Cra, e tamén Sofía a da Biblioteca Municipal, e Hadriana Ordóñez, Concelleira de Educación... Foron preciosas as pezas que Sarela e Ana, da Escola de Música, nos interpretaron co seu clarinete. Moitas grazas! Grazas a todas e todos os que estades colaborando para que fagamos cousas lindas!!!

Nuns días subiremos unhas fotiños!!!

CLUB DE LECTURA CON SORPRESA

A Anpa "Irmáns Ínsua" do Cra de Rianxo estamos desexando que chegue o mércores para facer a nosa primeira sesión do Club de Lectura!!! Ímolo pasar moi ben, porque van vir nenas e nenos de todo o Cra, e tamén profes, nais, pais, avós, avoas... E incluso vai haber unha fermosa sorpresa musical!!!! Todo comezará ás 16:30... Non esquezades a merenda!!!