VISITAMOS O CENTRO ARQUEOLÓXICO DA BARBANZA

 

 

 

Ola a todos e a todas como xa saberedes este xoves iniciamos ás visitas ao Centro Arqueolóxico da Barbanza que realizaremos en tres quendas. As escolas de Quintáns, Vacariza e Capela, fumos as primeiras en ir e nos gustaría compartir a nosa experiencia para que vos fagades unha idea do que vos ides atopar e porque non? tamén para darvos un pouco de envexa ja, ja ...porque aprendimos moitas cousas e o pasamos moi ben.

A visita iniciase no soto do centro onde asistimos todos xuntos a unha proxección dun documental sobre o modo de  vida e cultura dos nosos ancestros, dura moi pouquiño  uns 12 ou 13 minutos e ten imaxes moi interesantes.

A continuación subimos á entrada do centro e alí nos dividiron en dous grupos: un grupo se dirixiu ao 1º andar e ao outro nos levaron a visitar o salón de abaixo.

 

Primerio estivemos observando unha maqueta da Península do Barbanza, nos explicaron onde estaba Rianxo de onde nós viñamos e onde estaba Neixón, logo tivemos que premer nuns botóns e se acendían unha luceciñas pero... xa descubriredes que significaban cando vaiades ja, ja... non imos desvelar todos os segredos! Aínda que xa sabemos que hai nenos que coñecen o centro de ir coas súas familias.

Despois non ensinaron as ferramentas prehistóricas que utilizaban os homes e mulleres que poboaron os castros, e o mellor de todo e que as puidemos tocar!

 

  

Alguén sabe de que ferramentas se trata?

Logo o pasamos xenial pois entramos dentro dun castro, e cando estabamos dentro nos explicaron como vivían os seus habitantes, que comían , como cociñaban, onde gardaban as cousas...

  

Logo subimos ao 1º andar para ver a segunda parte da exposición, dentro das vitrinas había restos arqueolóxicos moi importantes: muniños de pedra, agullas de coser , restos de ánforas, moedas....

 

Logo voltamos á entrada e alí fixemos un pequeno obradoiro: puidemos moer cereal facendo a fariña igual cos nosos ancestros, esperamos que almorcedes moi ben ese día porque hai que ter moita forza :

 

O pasamos tan ben que ata as profes se animaron, a pena foi que no muiño de pedra só poden moer os máis altos porque os peques non chegan:

 

 

E despois rematamos a visita vendo ás anforas rescatadas dos barcos afundidos naqueles tempos, e unha pedra moi especial para o CRA, xa que foi atopada polo avó dun dos nosos alumnos. Vos soa a historia? Pois preguntade en Cruceiro  B:

Despois da visita tivemos tempo para merendar tranquilamente:

Ao rematar iamos a empreder o camiño para ir a ver o castro pequeno de Neixón, pero non foi posible porque se puxo a chover e tivemos que voltar ás escolas. Esperamos que o resto teñades máis sorte, nós nos tivemos que conformar con velo en fotos:

Bueno pois xa vedes,  ata aquí o que deu de sí a nosa visita, esperamos que vos faga ilusión ir a vos tamén , como vedes o pasamos moi ben e vimos moitas cousas ainda que non puidemos ir ao castro. Deixámosvos coa galería de fotos sobre a visita, e desexámosvos que os pasedes todos tan ben coma nós. Esperando os vosos comentarios, moitos bicos e ata a próxima!