CLUB DE LECTURA

A BIBLIOTECA DOS "AMIGOS E AMIGAS DE DANIEL" CONSTITUIU NESTES DÍAS O CLUB DE LECTURA "FRORES DO MEU AMIGO", ABERTO ÓS MEMBROS ADULTOS DA COMUNIDADE ESCOLAR.

A PRIMEIRA XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA TIVO LUGAR O XOVES 13 DE DECEMBRO, ÁS CATRO DA TARDE,  NA BIBLIOTECA DA SEDE EN ATALAIA, ASADOS

Consulta  aquí o espazo do Club de Lectura no noso portal

"O alento nas costas"

Bos dias, son cristina (mamá de Amaro da escola de Abuín)


Tras a primeira xuntanza do club de lectura o pasado xoves, e pese a ter acudido á mesma, sen saber exactamente que tipo de xuntanza se convocaba, penso que vai ser un proxecto interesante se consegue manterse no tempo e ampliar o número de participantes.


Na primeira reunión decideuse iniciar o traballo do grupo ca novela "o alento nas costas", que gracias a estes dous dias previos con unha climatoloxia que favorecían aquelo de sofa e manta xa teño rematado. Deixarei o exemplar que levei á profe de Abuín por se alguén o necesita.


A novela é de leitura amena e rápida por enganchar ca sua trama dende o inicio, e como un dos puntos resaltados polo persoal docente que propuxo esta leitura ten o atractivo a maiores do recoñecemento na lectura de moitos dos emprazamentos.


Eu a describiría como novela de aventuras na que discorren de forma paralela e equilibrada duas histórias ca mesma intensidade ambas sen deslucirse unha á outra; ainda que teño que confesar a miña debilidade persoal pola novela histórica ambientada en tempos pasados e descoñecidos, con unha parte descriptiva de paisaxes, arquitectura, costumes... que nos achegan de certa forma a realidades hoxe esquecidas.


Atendendo á recomendación etária da novela (a partir de 12 anos), e sen por esto non considerala como lectura adecuada para adultos, para aqueles que teñan fillos adolescentes considero que pode ser unha obra interesante, porque sen abordalo como tema principal da mesma, senón como pano de fondo aparecen na mesma tres dos temas que con mais intensidade poden afectar ós rapaces desta idade, o amor / sexo incondicional e desinteresado que aparece a esta idade, as relacións "tensas" (por describilo de algunha maneira) cos pais ou calquera figura que represente autoridade e as drogas.


Para os que ainda non iniciástedes a leitura animádevos que a ides disfrutar