Felices Pascuas

A Semana Santa é unha das festas relixiosas máis importantes para os cristiáns. Comeza co Domingo de Ramos cando os fieis acuden as igrexas portando palmas e ramas de oliveira como símbolo da entrada triunfal de Cristo na cidade de Xerusalén; e culmina co  Domingo de Pascua que significa Renacemento e Resurrección.

Na Semana Santa lembramos a paixón, a morte e a resurrección de Xesucristo. O día de Xoves Santo conmemoramos a Última Cea e o día de Venres Santo lembramos a súa morte. Estes días tan especiais de recollimento culminan  no Domingo de Pascua e Resurrección onde celebramos o paso da morte á vida do noso Señor Xesucristo.

Neste día de festa e gran alegría é onde se asenta toda a vida do cristianismo. A súa tradición é moi antiga i é unha festa celebrada por máis de 1.000 millóns de fieis en todo o mundo.

O Domingo de Resurrección é un dos días do ano que máis chocolate se consume, xa que existe a tradición de agasallar a familiares e amigos con  ovos de Pascua:

Dende as orixes da humanidade o ovo foi considerado como sinónimo de fertilidade, esperanza e renacemento; na Idade Media era costume  durante as celebracións agasallar aos nenos con ovos de galiña ou de pato. Pénsase que os cristiáns adoptaron esta tradición a partires do século IX cando se decretou que non se podía comer ovos durante a Coresma. Os ovos se gardaban durante os días de axuno e para conservalos frescos se cubrían cunha fina capa de cera líquida creando así a costume de colorealos e decoralos. Reservábanse ata o día de Domingo de Pascua onde se  entregaban como agasallo de amor e amizade.

 A principios do século XIX en Europa os alemáns, os italianos e os franceses empezaron a facer ovos  de Pascua de chocolate que contiñan agasallos agochados no seu interior, e ainda que as prácticas de axuno durante o tempo de Coresma se foron suavizando co tempo, esta tradición de regalar ovos pola Pascua perdurou ata os nosos días.

En Galicia a costume de agasallar aos nenos con ovos de chocolate o Domingo de Pascua e relativamente moderna. Na nosa terra o agasalllo típico que  os padriños e as madriñas lle fan aos seus afillados e afilladas é a rosca ou o roscón de Pascua. Actualmente segue viva esta tradición, aínda que tamén se agasalla aos nenos con xoguetes e con ovos de chocolate.

 

  

Este ano os nenos e nenas de relixión do CRA para celebrar a Pascua decidimos facer  como agasallo para as nosas familias unhas tarxetas de Pascua onde coloreamos e decoramos un ovo , mirade que bonitas nos quedaron:

 

 

A continuación podedes ver a galería de fotos sobre a actividade, como somos moitos a profe Celia fixo dúas tandas, coma sempre son un pouco longas, pero vale a pena miralas:

 

Galería 1: escolas de Pazo, Abuin, Rañó e Quintáns

 

Galería 2: escolas de Cuvide, Cruceiro, Vacariza, Capela e Outeiro 

Os nenos e nenas de Relixión  queremos  desexarvos unhas moi Felices Pascuas , que o pasedes moi ben e  por suposto que non falte nin a rosca nin o chocolote.

¡FELICES PASCUAS!

 

Chocolateeeeeeeeeeeeeeee 3!

Ola compis somos os Señores de Pazo- Chocolateeeeee! Temos un compañeiro que se chalou co do chocolateeeeeeeeeeeeee! Non sabemos que vai ser del, o médico di que lle demos moita rosca e moito chocolateeeeeeeeeeeeeeeee ! Estades moi guapos nas fotos, sodes os mellores, gustáronnos moito os vosos ovos que pena que non fosen de chocolateeeeeeeeeeee!

Felices Pascuas para todos, de parte dos vosos compañeiros de Pazo primaria de chocolateeeeee!GuayRisa

chocolateeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeee 2

Querémosvos decir chocolateeeeeeeeeeee, cando cheguemos á casa imos comer chocolateeeeeeeeeeee , gustounos moito a mensaxe dos nenos/as de Vacariza sobre todo o do chocolateeeeeeeeeeeee, queremos durmir con chocolateeeeeee, queremos soñar con chocolateeeeeeeeeee ainda que nos caian todos os dentes, ¿Tendes chocolateeeeeeeeeeeee por ahí?

Gustáronnos moito as vosas tarxetas e estades todos moi guapos Cansonas fotos solo vos falta o chocoalateeeeeeee.

¡Felices pascuas de chocolateeeeeeeeeeeeeeeee!Risa

Os vosos compañeiros de Capela PrimariaInocente

P.D. ¡Queremos máis chocolateeeeeeee!

Chocolateeeeeeeee!

Ola chicos e chicas querémosvos felicitar as pascuas que comades moito chocolateeeeee e moita rosca.Quedáronvos moi ben as tarxetasRisa.

Moitas apertas e bicos dos vosos compañeiros de VacarizaInocente.

Os nenos e nenas de Vacariza 2012

¡Felices Pascuas!