CARROS DE VACAS

Na aula dos " maiores " da escola do Cruceiro tiñamos unha pregunta sen resposta dende que veu a visitarnos o avó de Eva: como facían nos tempos de antes para transportar moita carga se non había nas casas tractores nin matraquillos ?

Sabiamos que levaban cousas na cabeza, no lombo e máis en carretas, pero este luns caemos na conta de que en algunha das nosas casas aínda se conservan restos de carros de vacas. Claro!..., esa é a resposta que non dabamos atopado.Para transportar cargas pesadas ou voluminosas utilizábanse carros de vacas !.

Por certo, falando de atopar...Na casa de Laura andan a buscar unha foto antiga onde aparecen Puri, avoa Angelita, avó Moncho, as vacas e o carro. A ver se aparece!!

  

  

  

   

Iván, Lía, Eva, Joel, Alex, Tania, Laura, Yaiza, Desi, Irene e Sol.

CARROS DE VACAS

OLA CHICOS, OLA CHICAS: GUSTÁRONME MOITO OS VOSOS DEBUXOS E TAMÉN ISO QUE DECIDES DE PENSAR PORQUE

PENSANDO PENSANDO...

 OS PROBLEMAS

 VANSE SOLUCINANDO

UN BIQUIÑO

     MARÍA