Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

PROXECTOS

Imaxe de Emilia

O MUNDO / BIOMAS

Despois de coñecer os animais, debemos ubicarnos como animais e como persoas, na contorna e no mundo. Comezaremos coa representación do noso planeta, a importancia da auga para a vida, e os diferentes biomas ... Experimentaremos e vivenciaremos mentres aprendemos.

 

Imaxe de Jacqueline

LIBRO SOBRE OS OSOS

Ola a todos/as. Hoxe queremos ensinarvos un novo libro que temos na aula. Trátase dun libro sobre os osos no que introducimos toda a información que descubrimos durante o proxecto do primeiro trimestre e que, a partir de agora, formará parte da biblioteca de clase. Hoxe estivemos ollándoo na aula con moita ilusión e recordamos así moitas das cousas que aprendemos sobre os osos. Déixovos o libro adxunto por se lle queredes botar unha ollada. Agardamos que vos guste!

Imaxe de MaríaLopez

Texto expositivo e texto narrativo

Sempre que comezamos un novo tema de investigación cambiamos a nosa biblioteca. Eleximos para as nenas e nenos libros que lle proporcionen información e historias para comezar as súas indagacións. Na aula traballamos con diferentes tipos de textos entre os que destacan dous grupos os narrativos e os expositivos, para eles libros de información e contos. Están familiarizados cos diferentes tipos de texto e coñecen que teñen utilidades e usan recursos diferentes. Polo que en cada comezo de proxecto clasificamos os libros da nosa biblioteca, buscamos información nos textos expositivos e desfrutamos con cada un dos contos e poesías (eso sí, algunhas veces temos que votar qué conto lemos, temos tantos!)

Imaxe de teresa

OS VOLCÁNS

OS VOLCÁNS

O pasado venres 1 de febreiro, as nenas e nenos de Educación Infantil preparamos unha pequena exposición e experimento sobre os volcáns.

Recollendo información sobre as montañas, descubrimos que algunhas podían ser volcáns e que, do interior da Terra, expulsaban magma ao exterior que se convertía en lava, acompañado todo con fume e lume.

Aprendemos as partes interiores dun volcán, a profesión de vulcanólogo...

Esta información quixémola compartir coas compañeiras e compañeiros de Educación Primaria.

Para iso elaboramos un mural do volcán e tamén, unha pequena maqueta do mesmo, que estaba a piques de erupcionar.

 

 Esta é unha vista rápida do que foi a actividade.

 

A aula de primaria agasallounos cun rico postre para a merenda.

Imaxe de Emilia

Animais en Xoane, continuación

Continuamos...

Moitos conceptos novos e moitas clasificacións ... que nos están a resultar moi amenas, xa que o vivimos e facemos moi próximo a nós. Este é un pequeno exemplo dalgunhas das propostas.  Pero...aínda nos queda moito que investigar!  

Distribuir contido


by Dr. Radut