Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

PROXECTOS

Imaxe de Emilia

Os animais

Seguimos cos seres vivos xa estivemos cas plantas ahora tocalle os animais. Primeira clasificación vertebrados ou invertebrados. Para comezar estivemos investigando unhas imaxes que nos apareceron na escola. Que son? Que se ve? ... este descubrimento levounos a coñecer a Marie Curie e comezar paralelamente unha investigación sobre ela e a súa vida e os raios X...

 

Imaxe de Emilia

Investigamos cabazas

Coa chegada do outono, recibimos unha enorme sorpresa. A nai de Sara trouxo a nosa escola unha supercabaza, quedamos abraiados.... e como estabamos coñecendo as plantas, aproveitamos a ocasión para meternos de cheo neste novo proxecto.

Investigamos sobre o seu ciclo vital, as cores os tamaños e as formas, os diferentes tipos de cabazas, empregamos o metro, calculamos medidas e coñecimos diferentes métricas, pesamos, comparamos pesos ... e investigamos o que tiña dentro.

Atopamos moitas sementes que agrupamos e contamos, cando chegue o tempo plantarémolas no nosos horto.

Xogamos, lanzamos, rodamos...e por último investigamos se flotaba ou afundia.

Sorpresa co que pasou!!! Como pode ser???

O longo do proceso afrontamos algúns retos. Aquí tedes unha pequena mostra do que estivemos facendo por Xoane. 

 

Imaxe de Sandra

ALFREDO BRAÑAS VIAXANDO AO FUTURO: CANCES

"Escribir es agregar un cuarto a la casa de la vida" Adolfo Bioy Casares

Esta cita fainos pensar en :

Que pasaría se non houbese escritores de contos e libros?

Onde poderíamos encontrar historias que ler?

A onde poderíamos viaxar sen lecturas?

Como se reunirían as palabras?

E as letras?

Poderíamos seguir imaxinando aventuras?

A quen lle poderíamos contar historias?...

 

A través desta cita e estas cuestións facemos fincapé na importancia da literatura tanto escrita como oral, a súa relevancia dentro das aulas e nos fogares dos alumnos e alumnas, e por iso se nos ocurre facer partícipe a Alfredo Brañas escritor e ideólogo nado no concello de Carballo.

A maioría dos cativos e cativas da vila pasan cerca da súa escultura nunha das rúas máis concorridas de Carballo, a súa sorpresa foi ver a súa foto na escola:

-Eu toqueino o outro día

-Eu paso por alí moitas veces pero non sei como se chama

-É unha pedra moi fría...

Hoxe a través da figura de Alfredo Brañas, ao cal lle ensinamos a nosa escola e patio, empezamos a facer un percorrido por os conceptos de "aldea", "vila" e "cidade" ( contidos referentes ao currículo de educación Primaria pero que se poden adaptar á Etapa de Infantil dada a súa relevancia vivencial).

Decidimos versionar a "Marionetista" e convertelo en ALfredo Brañas para poder desprazalo e integralo nas nosas aprendizaxes.

 

Ata lle deixamos xogar no noso patio, da gusto ver como os cativos e cativas integran a historia nas súas vivenvias.

 

A partir de agora Alfredo Brañas será un referente na Escola de Cances, sobre todo para traballar contidos referidos ao eido social e natural.

 

 

Representación do bosque de Cances coa fauna e flora traballada na aula.

 

 

"Cidade luminosa" creada para traballar diferencias estructurais de vila e aldea.

 

ALFREDO BRAÑAS seguiremos amosandoche todo o que descubramos.

Asinado: Os nenos e nenas da Escola de Cances.

Imaxe de Sandra

ANDY GOLDSWORTHY EN COLABORACIÓN COA NATUREZA ( PARTE I) ACTIVIDADE CADERNO DE BITÁCORA

 

Xa fai anos atrás Rousseau dixo " Hai un libro aberto sempre para os ollos: a Natureza",

a través desta cita queremos enfatizar na importancia que ten o contacto ca natureza para os cativos e cativas dende idades temperás.

Como ben sabedes as familias neste trimestre empezamos a traballar aspectos relacionados coa natureza a través do noso "Caderno de Bitácora", onde recollemos todas as aprendizaxes que facemos na escola no día a día.

A natureza é algo que nos intriga, fainos pensar, axúdanos a resolver hipóteses, axiliza o gusto polo próximo, sensibiliza os sentidos, chámanos a atención...

Como cita Richar Louv no seu libro "Los últimos niños en el bosque", debemos salvar os nosos fillos do trastorno por Déficit de natureza, con isto fai referencia a importancia do día a día co contacto ca natureza por exemplo: acampar no xardín, andar en bicicleta polo monte, trepar polas árbores, coller insectos, recoller flores , correr entre moreas de follas do outono..., xa que estas cousas son das que están feitos os recordos da infancia.

ALGO DO QUE OS NENOS E NENAS DA ESCOLA DE CANCES ESTÁN TOTALMENTE DE ACORDO

E QUE POR SORTE PODEN FACER MOI AMIUDO CAS SÚAS FAMILIAS

 

Despois de manter varias conversas na aula cos nenos e nenas sobre as cousas que facían na natureza no seu día a día, empezamos a ver varias obras de Andy G. para poder ver outra forma de traballar dun artista que emprega elementos naturais nas súas obras e fai moito fincapé no LAND ART ( termo de Walter de María) que significa arte da natureza.

Algunhas das súas obras visionadas na escola foron:

 

 

Despois de comentar estas obras entre todos e todas comezamos a pensar en como poder representar algo semellante no noso contorno, e empezamos:

 

 

 

A próxima semana seguiremoS facendo e mostrando máis actividades con obxectos da natureza e do Outono tendo como referente ao grande ANDY GOLDSWORTHY.

Imaxe de Emilia

Esta eiruga tivo moita cola!

Organizamos moitas máis actividades, moitas delas manipulativas, aquí vos presentamos unha pequena mostra. Aínda non me acostumo a sacarlle fotos a todo!

                                                    

 

                     Coñecimos a nosa eiruga que nos vai acompañar neste trimestre!! Entusiasmados estamos!!

                    

Distribuir contido


by Dr. Radut