Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Sísamo

Imaxe de teresa

ANIVERSARIOS E FESTA DE FIN DE CURSO...

O xoves 22 de xuño celebramos os aniversarios das nenas e nenos que cumpriron anos ao longo deste trimestre e de aquelas e aqueles que o farán no verán. Tamén aproveitamos para festexar o final de curso e o inicio das ansiadas e merecidas vacacións logo dun curso tan intenso...

Felicidades aos que cumpriron anos e aos que os van cumprir!!!! 

Felices vacacións...

Imaxe de teresa

VISITA DOS FORESTAIS A SÍSAMO

O pasado 7 de xuño recibimos a visita dos forestais. Contáronnos moitas curiosidades do seu traballo e falamos das especies animais e vexetais que viven nos montes galegos. Plantamos landras para ver como medran os carballos e agasalláronnos con un bidueiro que dará sombra no patio nos días de verán e deixará pasar o sol nos recreos do inverno. Tamén subimos ao seu camión e suxeitamos a mangueira do mesmo xeito que fan elas e eles cando se enfrontan co lume.

Moitas grazas por sacar un ratiño para virnos ensinar e aprendernos unha parte do voso traballo.

ANIVERSARIOS SEGUNDO TRIMESTRE SÍSAMO

O mércores 5 de abril celebramos os aniversarios de todas as nenas e nenos que cumpriron anos ao longo do trimestre.

Felicidades a todas e todos!!!

Imaxe de teresa

VISITA Á PANADARÍA - SÍSAMO

No mes de novembro, tivemos a oportunidade de visitar a panadaría Añón en Rus.

Coñecemos de primeira man cal é o proceso para a elaboración do pan: que ingredientes leva, cales son as proporcións, que máquinas entran no proceso, para que serven, os fornos que utilizan para a cocción, o amasado, os diferentes tipos de pan,...

Neste vídeo amosámosvos un resumo do que foi aquela emocionante xornada así como actividades desenvoltas na aula...

Distribuir contido

by Dr. Radut