Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Sísamo

Imaxe de Jesus

Encontro interxeracional

O martes 19 de decembro O Coro das Emoción dos alumnos e alumnas de Educación Infantil e Primaria da Escola de Sísamo visitarán a Residencia de Maiores de Carballo.

Alí o noso Coro agasallará ao nosos maiores cunhas fermosas panxoliñas e unha fermosa obra de teatro.

Esperamos desfrutar moito desta fermosa experiencia.

 

Imaxe de teresa

SÍSAMO E AS GALLETAS

Hai unhas semanas fixemos galletas de manteiga. Nunha xornada fixemos a manteiga a partir de bater nata e logo, con ela, fixemos galletas.

Cando a masa estivo feita, démoslle forma ás nosas galletas a través de moldes ou das propias mans.

Foi unha experiencia moi divertida e saborosa.

Neste vídeo amósase un resumo do que foron as dúas xornadas.

Desfrutádeo.

 

Imaxe de Jesus

Teatro Lido Sísamo

O grupo de Sísamo A raíña dos Vilares do CRA Ponte da Pedra , interpretando a obra Lobo Feroz.

 

Imaxe de Jesus

Teatro Lido. FIOT 2017

Este domingo 5 de novembro, o grupo de teatro lido "A Raiña de Sísamo" participou como finalista do Teatro Lido no Pazo da Cultura de Carballo, quedando nun moi meritorio terceiro lugar.

Parabéns para este gran grupo.

 

Imaxe de Jesus

Teatro Lido

Representando ao CRA Ponte da Pedra, o grupo de Teatro Lido "A raiña dos Vilares" da escola de Sísamo, foi seleccionado como finalista do XVII Concurso Escolar de Teatro Lido “Xosé Manuel Eirís”

O acto da Final que terá lugar este domingo 5 de novembro ás 18.00 h no auditorio do Pazo da Cultura do Concello de Carballo.

Na final os grupos seleccionados volverán a interpretar os seus fragmentos teatrais e tras unha nova deliberación do xurado, realizarase a entrega de premios aos gañadores.

O acto estará presentado pola compañía Caxoto Contacontos que ademais de ser o mestres de cerimonias amenizará a final cunha sesión de contos destinado a público familiar.

A entrada é libre ata completar aforo.

Distribuir contido


by Dr. Radut