Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Sísamo

Imaxe de teresa

CONTACONTOS PARTICULARES

Como cada mañá, logo de saudar ás compañeiras e compañeiros, dedicamos uns minutos a falar do que nos interesa, das preocupacións que temos,... En definitiva, un reencontro ameno e distendido coas nosas amizades.

Nestes primeiros acordes da xornada, a biblioteca ten un gran movemento. Desfrutan da lectura dun conto individualmente ou en pequenos grupos, xurdindo contacontos de forma espontánea na que o narrador desfruta contando a historia e o público está entregado á narración. Nestas dúas imaxes podedes comprobar como desfrutan da lectura dos dous xeitos.

 

           

 

Imaxe de teresa

AS ÁRBORES

Ao longo do trimestre pasado estivemos inmersos no proxecto das árbores. Partindo do que sabíamos e do que queríamos saber desenvolvemos diferentes actividades. Unha parte fundamental deste traballo foron as familias que achegaron á escola información (libros, contos, lendas,...) Na aula utilizamos estes materiais na procura de información coa que resolver as nosas dúbidas e ampliar o noso coñecemento, sempre desde o noso interese e motivación.

Continuaremos profundando no proxecto a través doutras temáticas relacionadas.

Agardamos que vos guste

 

                                 .

Imaxe de teresa

ANIVERSARIOS SÍSAMO

Finalizado o trimestre, celebramos os aniversarios das nenas e nenos que cumpriron anos ao longo do mesmo. No seguinte adxunto, podedes ver o que foi a merenda conxunta que fixemos para celebralo.

Agardamos que vos guste.

Imaxe de teresa

VISITA DO APALPADOR A SÍSAMO

Esta semana fíxonos unha visita o Apalpador. Contounos sobre os animais que habitan preto da súa casa, insistiu na necesidade de coidar a natureza; asemade, falounos dunha ave que vive na lagoa de Baldaio chamada píllara.  Tamén houbo tempo para un intercambio de agasallos: nós entregámoslle un mural con información sobre a píllara e os coidados medioambientais necesarios para evitar a súa desaparición e el, tróuxonos uns libros de contos sobre aves: "Los dientes de Trino Rojo" e "O paseo de Rosalía"

Agradecémoslle enormemente a súa visita, a súa implicación co coidado medioambiental e achegarnos o enorme valor da natureza e a importancia do seu coidado e respecto.

                     

 

     

 

  

                          
                                   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Imaxe de teresa

ACTUACIÓN NO XERIÁTRICO

Uns días antes do festival de Nadal, as nenas e nenos de Sísamo tiñamos unha encomenda  especial: visitar o xeriátrico de San Cristovo no que actuamos en primicia co noso baile "En estas navidades quiero bailar" e agasallalos con dúas cancións de Nadal:"Rodolfo, el reno""Buscando unha estrela".Para achegarnos ao lugar da actuación, fomos dando un fermoso paseo no que nos acompañaron o profe Jesús e a profe María, ademais da axuda de Protección Civil de Carballo que velaron porque o transcurso da camiñata fose segura. A experiencia foi enriquecedora, compartimos ilusión e ledicia cos nosos maiores e na que nos recibiron con moito agarimo.

Moitas grazas ao xeriátrico por tan boa acollida!!

No seguinte adxunto hai un pequeno resumo do que foi a actividade. Agardamos que vos guste.

Distribuir contido


by Dr. Radut