Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Sísamo

Imaxe de teresa

A PRIMAVERA...

Coa chegada da primavera elaboramos entre todos o mural da primavera para decorar as portas da escola. Partimos dunha idea do artista  Hervè Tullet  e da creatividade de cada unha e un de nós. Collemos como banda sonora a primavera de Vivaldi e de Manuel María tomamos prestados uns versos do seu poema "Andoriña" recollido na súa obra "Os soños na gaiola".

Imaxe de teresa

COCIÑANDO PIZZAS...

Hai unhas semanas elaboramos a nosa propia merenda facendo unhas pizzas con pan de molde. Foi unha actividade moi motivadora e na que nenas e nenos desfrutaron e participaron con moita ilusión. Aquí vos deixamos un resumo do que foi ese día.

Imaxe de Beatriz

UN DÍA EMOCIONANTE EN SÍSAMO

Xa por segundo ano volvemos celebrar "un día emocionante". A finalidade deste evento é coñecernos mellor, convivir e pasar un día diferente, favorecendo a educación integral do noso alumnado.
Pasamos un día moi enriquecedor con xogos, merendas divertidas e acabamos realizando unha obra de arte!!!, que máis se pode pedir?
Invitámosvos a ver estas fotos tan chulas dos nenos e nenas de educación infantil de Cances, Sísamo e Xoane.

 

 

Imaxe de teresa

ANIVERSARIOS PRIMEIRO TRIMESTRE DECEMBRO 2015

O mércores 16 de decembro celebramos os aniversarios das nenas e nenos que cumpriron anos ao longo deste trimestre. Celebrámolo cunha merenda moi saborosa.

Imaxe de teresa

ANIVERSARIOS DO TERCEIRO TRIMESTRE

Desculpade o retraso na publicación do vídeo de felicitación das nenas e nenos que estiveron de aniversario ao longo do terceiro trimestre e para aquelas e aqueles que o celebran no verán.

Agardamos que vos guste!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut