Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

blogue de : Monica

Imaxe de Monica

MURAL NADARÍN

E co mural rematado damos fin ao programa de "Educación Responsable".

 

Imaxe de Monica

NADARÍN

Aínda non está rematado aquí tedes un adianto do mural do conto Nadarín, rematarémolo a volta das vacacións. Para encher a silueta do peixe empregamos a nosa pegada; cantas cóxegas sentimos cando a brocha con témpera pasaba polo pé. O atún pintámolo con esponxas e as letras decoráronas os nenos de 5 anos.

Mirade que ben o pasamos:

 



Imaxe de Monica

O GATO CON BOTAS

Aquí tedes as fotos da excursión do luns. Acudimos ao Forum Metropolitano de A Coruña para ver a obra de teatro "O Gato con Botas". Antes da representación estivemos no parque onde tomamos a merenda.

Mirade que ben o pasamos:

 



Imaxe de Monica

MAGO DA PALABRA

Esta semana volveounos a visitar o Mago da Palabra. Deixounos na caixa unha carta contestando a que lle escribíramos e un conto, Nadarín:

Despois do recreo, a profe Amelia contounolo!!

Nun recuncho do mar vivían felices un banco de peixiños. Eran todos vermellos menos un que era negro como o petroleo. Nadaba máis rápido que os seus irmáns. Chamábase Nadarín. Un día un gran atún atacoulles e solo sobreviviu el. A partir dese momento, Nadarín deambula solo polo mar ata que se atopa con un banco de peixes da mesma especie que tamén viven atemoritados dos peixes grandes....

Un conto sobre o compañerismo como arma contra o medo!!!

Continuamos escenificando que eramos peixiños nadando polo mar. Notabamos como as olas acariciaban o noso corpo mentras escoitábamos o sonido relaxante do mar. En asemblea, contaron como se sentiran (contentos, felices, algún pareceulle que era invisible, eran de moitos cores, grandes, pequenos...).

Tamén comezamos a preparar o mural que imos facer sobre o conto....

Continuaremos con esta actividade, estade atentos.

 

 



Imaxe de Monica

PINTANDO CON CORDAS

Para facer a portada para os traballos de "Experimentos e Experiencias" que levamos a cabo este trimestre traballamos outra técnica: pintar con cordas. Enganchamos en pinzas cordas pequenas, impregnábanas en témpera e a pasear a corda pola cartolina.

Algúns complicouselles, porque ao agarrar moi forte a pinza ésta abríase e a corda caía.

Quedaron verdadeiras obras abstractas.

Mirade:

 


Distribuir contido


by Dr. Radut