Para facer a portada para os traballos de "Experimentos e Experiencias" que levamos a cabo este trimestre traballamos outra técnica: pintar con cordas. Enganchamos en pinzas cordas pequenas, impregnábanas en témpera e a pasear a corda pola cartolina.
Algúns complicouselles, porque ao agarrar moi forte a pinza ésta abríase e a corda caía.
Quedaron verdadeiras obras abstractas.
Mirade: