Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

blogue de : Monica

Imaxe de Monica

CUMPLE HUGO

Este xoves celebramos o cumple do noso amigo Hugo, xa ten 5 anos.     

PARABÉNS!!!

 

 



Imaxe de Monica

BAILAMOS?

Seguimos xogando coas matemáticas, esta vez con música!! Fixemos xogos por idades. Repartimos tarxetas con números, mirábana e a poñían no peito cubrindoa para que ninguén lla vira. Música e a baliar...cando esta deixaba de soar: 

Os de 3 e 4 tiñan que buscar a súa parella, o amigo/a que tivese o mesmo número:



 

 

Os de 5 tiñan que coller a un compi da man e sumar os dous díxitos:



Imaxe de Monica

PLASTILINA CASERA

Hoxe fixemos un novo experimento, plastilina. Para facela so precisamos cinco ingredientes: sal, fariña, aceite, auga e colorante.

Como nos gustou amasar!!!

 



Imaxe de Monica

EL MAGO DE LA PALABRA

 

Xa hai uns días que vimos o vídeo que nos mandou "El Mago de la Palabra":

 

Como todos os nenos/as chámanlle "El Mago de la Palabra" olvidouse do seu nome real así que nos pediu que lle buscasemos un nome novo. Entre todos propuxemos varios e o elixido, por votación, foi Julio. Os nenos/as de 5 escribíronlle unha carta. Esperemos que nos conteste pronto:

 

 

 

 

Imaxe de Monica

CARREIRA DE LÍQUIDOS

Onte fixemos un novo experimento con auga, mel e aceite. Antes de comezar probamos a mel, "é pegajosa e dulce" foi a conclusión que sacaron. 

Cos tres líquidos fixemos unha carreira, quen será o máis rápido? Cada pequeno/a fixo a súa hipótese e despois comprobamos.

E se mesturamos os tres líquidos nun vaso, que ocorrerá? Volveron a formular hipóteses. Estes líquidos non son nada amigos porque non se mezclan pero, e se revolvemos? (preguntou un Teo), revolvímos cun palito e... nada...tampouco se mesturaron... Esto é debido á viscosidade dos fluidos ou como decían algúns porque o mel é "pegajoso".

Para rematar, comprobamos que o colorante só é amigo da auga, nin o aceite nin a mel coloreáronse de azul.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut