Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

CARREIRA DE LÍQUIDOS

Imaxe de Monica

Onte fixemos un novo experimento con auga, mel e aceite. Antes de comezar probamos a mel, "é pegajosa e dulce" foi a conclusión que sacaron. 

Cos tres líquidos fixemos unha carreira, quen será o máis rápido? Cada pequeno/a fixo a súa hipótese e despois comprobamos.

E se mesturamos os tres líquidos nun vaso, que ocorrerá? Volveron a formular hipóteses. Estes líquidos non son nada amigos porque non se mezclan pero, e se revolvemos? (preguntou un Teo), revolvímos cun palito e... nada...tampouco se mesturaron... Esto é debido á viscosidade dos fluidos ou como decían algúns porque o mel é "pegajoso".

Para rematar, comprobamos que o colorante só é amigo da auga, nin o aceite nin a mel coloreáronse de azul.

 

 

 



blog | by Dr. Radut