Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

blogue de : Monica

Imaxe de Monica

ARCOS IRIS

 

O concerto ao que acudimos hoxe convida aos peques a descubrir como a través da música podemos expresar os nosos estados de ánimo. Antes de disfrutar da Orquestra Sínfónica de Galicia acudimos ao parque de Santa Margarita para xogar un ratiño e merendar cos nenos/as e profes das outras escolas.

 

 



Imaxe de Monica

DÍA DA MULLER

O 8 de Marzo celebrouse o "Día Internacional da Muller" e para conmemoralo na escola de Berdillo fixemos unha actividade especial. Realizamos caricaturas de mulleres con material de refugallo grazas a aportación das familias. Para facelo primeiro coñecimos a Hanoch Piven, ilustrador que emprega material cotiá para realizar as súas obras.

Mirade que chulis:

 



Imaxe de Monica

CAIXA DAS LETRAS

Como sabedes o elemento motivador que empregamos na escola para a inicición a lectoescritura é a "Caixa das letras" que viaxa a casa das familias cunha letra agochada. O neno/a que a leva ten que meter obxectos na caixa que comecen por dita letra e despois devolvela a escola.

Cando esta volve o cole o neno/a ensina o que trouxo dentro dela e a través de esas cousas realizamos dintintas actividades.  Hoxe por exemplo, repartimos os obxectos en diferentes grupos e tiveron que pensar as letras que levaba cada cousa.

 

 

Imaxe de Monica

EL MAGO DE LA PALABRA

 

Hoxe ao entrar do recreo atopamos unha caixa na asemblea. Dentro dela unha carta, era do "Mago de la Palabra". Non sabemos por onde entrou por ninguén o viu, contábanos, entre outras cousas, que lle encantaba mirar contos e que sempre iba acompañado da súa maleta.

A primeira actividade que fixemos foi realizar un debuxo imaxinando como é o mago... Pronto veremos un video onde averiguaremos realmente como é:

 

(Educación Responsable)

Imaxe de Monica

OVO SALTARÍN

 

Como cada venres fixemos un experimento pero esta vez tivemos que esperar ata o luns para ver o resultado:

1º Metemos nun bote un ovo, con coidadiño que non rompa.

2º Cubrímolo de vinagre, pechamos o bote.

3º Esperamos dous días... 

 



Distribuir contido


by Dr. Radut