Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

blogue de : Monica

Imaxe de Monica

EXPERIMENTO

E como os venres anteriores este tamén fixemos un experimento. Ao entrar do recreo vimos na zona da asemblea os materiais que necesitabamos. Pero, que faremos con isto? Incharemos un globo sen utilizar a boca, seremos capaces?

Ao mezclar vinagre con bicarbonato producese dióxido de carbono que fai que o globo inche.

Continuamos a sesión representando o experimento cun debuxo e por último avaliamos a actividade, explicando se nos gustara ou non.  A maioría gustounos e pasámolo ben pero tamén houbo a quen lle aburriu, a quen lle gustou mais os outros experimentos ou a quen non lle gustou demasiado porque o vinagre ulia mal...

 



Imaxe de Monica

CUMPLE NOA E TEO

Noa e Teo xa teñen 5 anos, son uns chicos!!! Onte celebrámolo cunha festa na escola.

Mirade que ben o pasamos:

 

 



MOITAS FELICIDADES PITUFOS!!

 

Imaxe de Monica

PINTAMOS CON SAL

 

Unha das rutinas diarias da aula é cantar unha canción de "Buenos días", ao final da mesma os nenos/as din como se sinten. Aproveitamos para representar ese sentimento cunha nova técnica: pintamos con sal. Primeiro debuxamos con alkyl, botámoslle sal por encima quitando despois a sobrante. Para pintalo empregamos colorante alimentario e observamos como a cor corría pola sal con solo apoiar o pincel.

Mirade que ben o pasamos:

 



Imaxe de Monica

TINGUIMOS CARAVEIS

O venres seguimos cas experiencias. Esta vez tinguimos flores cas cores secundarias, mesturando as primarias. Antes escoitamos o conto "Colores" de Hervé Tullet, axudounos a conseguir esas cores solo tendo colorante vermello, amarelo e azul. Para ver como quedaban os caraveis tivemos que esperar ata hoxe.

Mirade mirade:

 



Imaxe de Monica

ILUMINAMOS O MUNDO POLA PAZ

A semana pasada e hoxe estivemos moi atareados preparando o Día da Paz:

  • Aprendimos, cantamos e dramatizamos a canción "Querote máis" de Sonoro Maxín.
  • Coñecimos a historia da pombiña.
  • Escoitamos contos relacionados: Brancos e Negros, O libro dos porcos...
  • Dramatizamos xestos de paz.
  • Elaboramos unha coroa co símbolo.
  • Decoramos a entrada con lema: Iluminamos o mundo pola Paz.

Mirade un resumo:

 



Distribuir contido


by Dr. Radut