Skip to Content

Educación Física, Física e Química, Música, Lingua Inglesa, Matemáticas, Orientación, Tecnoloxía, Lingua Francesa, Bioloxía e Xeoloxía, Lingua Castelá e Literatura, Lingua Galega e Literatura, Educación Plástica e Visual, CC.SS. Xeografía e Historia, Economía, Relixión Católica

O LOBO

Oscar , de 1º B, cóntanos todo sobre o lobo.

Glass City

GLASS CITY: A CIDADE DE CRISTAL

O xoves día 15 de decembro os alumnos/as de 3º e 4º da E.S.O fomos de excursión a Santiago e tivemos o privilexio de ver no Teatro Principal “Glass city”, un musical en galego.

Este contaba, dunha maneira sinxela e entretida, as vacacións que Francisco Franco e a súa muller, Carmen Polo, pasaban no pazo de Meirás (A Coruña), e un fallido intento de atentado, entretecido cunhas historias de amor. 

Glass City é unha reflexión sobre unha época esquecida”, comentaba o director do musical á “La Voz de Galicia”.

Este musical ensinounos a comprender mellor aquela época, así como a falarnos do franquismo dunha maneira divertida.

O elenco de actores contaba con dúas bailarinas de ballet e impresionantes bailes e cancións, ademais de historias de amor, amizade, pelexas, carraxe...

Dende o meu punto de vista, é un musical máis que recomendado!





Andrea Quintáns Rey 3º ESO A

Xa podes descargar o calendario do ano 2010 de Uxío Novoneyra

Xa podes descargar e imprimir o calendario do 2010, homenaxe a Uxío Novoneyra


 



 


 

Laradalendo: blog para que opines sobre os libros que les

Neste blog podes deixar os teus comentarios sobre os libros propostos.

Vídeo: Ramón Piñerio, o neno que quería ver o tren

Ramón Piñeiro, o neno que quería ver o tren, un vídeo didáctico dirixido ao alumnado de Educación Primaria

Biografía de Ramón Piñeiro

RAMÓN PIÑEIRO

 


Este ano dedícaselle o
Día das Letras Galegas ao político, escritor e filósofo Ramón
Piñeiro.Ramón Piñeiro naceu na aldea luguesa da Armea, en
Láncara, na casa feita con moito esforzo polos seus país en 1915.
De feito, súa nai tivo que emigrar a Arxentina e traballar de criada
para ganar os suficientes cartos e rematar a casa. Agora só viven
nela a súa irmá Consuelo e a súa sobriña. Piñeiro era un neno
fóra do normal para a súa idade, un neno que destacaba entre os
demais, e aburríase na escola. Cando saía a levar as vacas collía
un garabullo e escribía sobre a terra mollada. Aos dezasete anos
Ramón escribiu o seu primeiro artigo de política na revista Yunque
. Presidiu as Mocidades Galeguistas de Láncara e traballou nas
Mocidades Galeguistas de Lugo. Invitan a D.Ramón Otero Pedrayo a dar
unha conferencia no Instituto Masculino de Lugo. Piñeiro vaino
recibir á estación do tren e teñen unha animada conversa durante
un par de horas no café Méndez Núñez da que Otero queda
gratamente impresionado pola sabedoría daquel rapaz de 17 anos e vai
dicindo que en Lugo coñece a un rapaz que é un verdadeiro Erasmo.
Será o comezo dunha amizade que o levará a coñecer a outros
galeguistas aos que admiraba, como Castelao , e acabará nun longo
traballo con eles a prol do Estatuto de Galicia. Será tamén Pedrayo
quen o convide a participar no Mitin das Arengas, na praza da
Quintana, o Día de Galicia de 1935.No 36 estala a guerra e agóchase
na cidade das murallas pero vese obrigado a loitar no bando
franquista. Unha vez acabada a guerra Piñeiro viaxa a París para
negociar que Castelao formase parte do Goberno da República que
estaba exiliado alí. Aínda que acabou conseguindo o que quería,
Piñeiro volveu moi desilusionado coas posibilidades de restablecer a
República. É capturado nunha reunión clandestina con galegos
,vascos e cataláns nunha cafetería de Madrid e condenárono a seis
anos de cárcere dos que cumpriu tres. Desa experiencia saíu cunha
profunda decepción no comportamento humano, que o leva a retomar o
seu gusto pola filosofía, ademais de cunha importante enfermidade na
vista. Pouco despois de saír do cárcere funda con Francisco
Fernández del Riego a editorial Galaxia da que foi director. Tamén
se fundou a colección Grial que prohibiron no 4º número,xa que
pretendía dignificar o ensaio en galego e abrir Galiza a Europa.
Piñeiro foi vivir a Santiago na rúa Xelmírez no número 15. Alí
tiña a súa famosa mesa camilla na que daba aos máis novos a
súa visión de Galicia exercendo un auténtico maxisterio.. Ingresou
na Real Academia Galega cun discurso titulado Da linguaxe e as
linguas. Presidiu o Consello da Cultura Galega. Foi deputado no
Parlamento de Galicia. Aquí puido realizar o labor do cal se sentiu
sempre máis orgulloso: A elaboración da Lei de Normalización
Lingüística que foi aprobada por unanimidade .Antes de rematar a
lexislatura Ramón Piñeiro xa consideraba que o seu labor a prol da
defensa de Galiza no eido político xa rematara e decidiu non volver
presentarse. Continuou traballando no seu piso de Xelmírez onde
viviu ata a súa morte en 1990.

Non lle podemos facer
mellor homenaxe que lembrar as súas propias palabras:

“A lingua é a bandeira
da nosa solidariedade moral”

Entrevista con Francisco Fernández del Riego

Entrevista
a Francisco Fernández del Riego para o CPI San Vicente

Paco
del Riego (Lourenzá, 1913) é unha das figuras máis sobranceiras da
cultura galega do século XX. Militou nas Mocidades Galeguistas,
traballou pola continuidade do galeguismo durante o franquismo, foi
fundador da Editorial Galaxia e achegou á nosa literatura obras
fundamentais en tempos de escuridade. Foi el un dos tres académicos
que propuxeron á Real Academia Galega instituír un Día das Letras
Galegas en 1963. Aínda que con diferenzas, a súa é unha vida
paralela a de Ramón Piñeiro, co que compartiu proxectos e
traballos.

Piñeiro
consagrou a súa vida á reivindicación de Galicia

Cal
é a importancia de Ramón Piñeiro como escritor?

Escribiu
pouco. A obra máis destacada é Olladas no futuro, do ano
1974, no que recolle unha serie de traballos aparecidos en diversas
publicacións. El era un crente na filosofía e escribiu obras
filosóficas de reducida extensión -Significado metafísico da
saudade
, Filosofía da saudade, etc.- e tamén se dedicou
a estudos de tipo lingüístico, por exemplo no seu discurso de
ingreso na Real Academia Galega, A linguaxe e as linguas.

Lembra
vostede o Mitin das Arengas de 1925 no que tamén participou Piñeiro?

Pois
si. O Mitin das Arengas celebrábase o 25 de xullo e participaban 20
persoas con intervencións breves duns cinco minutos. Falaron Otero
Pedrayo, Castelao, Bóveda, Vilar Ponte, Suárez Picallo, Carballo
Calero e tamén Piñeiro, que fora convidado por Pedrayo.

Por
que foi Ramón Piñeiro a París no ano 1946?

El
era un home que, coma min, traballou na clandestinidade para
resucitar o Partido Galeguista e el foi ata París representando as
forzas clandestinas de oposición ao réxime franquista. Axudado
polos vascos atravesou os Pireneos a pé e foi ata a capital francesa
onde se puxo en contacto co goberno provisional da República no
exilio e con membros do nacionalismo vasco e catalán para conseguir
que Castelao formase parte daquel goberno, cousa que conseguiu.

Para
que se creou a editorial Galaxia?

Visto
que a vía política non progresaba debido ás circunstancias
internacionais pensamos en facer unha editora que se consagrase de
xeito fundamental á edición de libros e crear conciencia galega no
País. Así naceu no ano 1950 a editorial Galaxia, da que fomos
ideadores e fundadores Xaime Illa Couto e mais eu. Logo sumouse máis
xente, entre eles o propio Piñeiro, que foi nomeado director
literario e como tal exerceu durante moitos anos.

Que
importancia tivo a mesa camilla de Piñeiro?

Moi
grande: foi unha das súas mellores achegas a Galicia. El era un home
que,en público, era pouco lucido, pouco brillante, pero en privado
era moi ilustrativo e falaba moi ben. E os universitarios daquela
época, que non coñecían nin a cultura, nin a lingua nin a historia
de Galicia foron asistindo diariamente á mesa camilla da rúa
Xelmírez de Santiago e alí el asesorábaos e formábaos. Así que
as novas xeracións fóronse incorporando ao galeguismo a través das
leccións que Piñeiro lles dispensaba naqueles momentos.

Vostede
e mais Piñeiro foron codirectores da revista Grial durante
25 anos
. Que representou Grial para cultura
galega?

Era
unha das manifestacións de Galaxia e tiña os mesmos fins cá
editorial. Era a única revista que existía no País e que chegaba a
centros de cultura estranxeiros, ás universidades norteamericanas,
italianas, francesas, alemás, etc. Recollía colaboracións de todo
tipo sempre que tivesen unha dignidade e unha significación
positiva.

Que
papel xogou Piñeiro como nexo entre a Galicia anterior e posterior á
Guerra Civil?

Antes
da Guerra pertenceu ás Mocidades Galeguistas de Lugo, pero tivo
pouca significación nesa época. Ademais hai que ter en conta que
era un rapaz moi novo aínda. O labor fundamental foi desenvolvido
por el na posguerra: primeiro na clandestinidade política, despois
na orde cultural e tamén mediante o contacto coas novas xeracións
para endereitalas cara ao camiño de rexurdimento do País.

Como
definiría o piñeirismo?

Á
parte da formación galeguista el practicaba un xeito de oposición a
determinadas ideas políticas e a xente nova é xente rebelde, e el
non o era. Non era rebelde e non tiña un espírito novo e iso creou
inimizade por parte dalgúns dos seus discípulos que deron en chamar
ao que el representaba, piñeirismo.

Como
era Ramón Piñeiro do trato cotián?

Era
un home normal que facía, sobre todo, unha vida de traballo
intelectual e que tiña grandes e bos amigos, con xente nova que o
seguía no seu xeito de pensar. Pero era sobre todo un home de
cultura.

Que
lle parece a vostede, que foi o creador do Día das Letras Galegas
que se lle dedique a un compañeiro de tantos anos?

Pois
paréceme oportuno. Hai moitos que o merecen pero el consagrou a súa
vida á actividade intelectual e todo o seu esforzo á reivindicación
de Galicia e creo que é merecente desta distinción.

Olladas sobre Ramón Piñeiro

Video de 10 minutos sobre o homenaxeado no Día das Letras Galegas do 2009, RAMÓN PIÑEIRO


Pinchar aquí


O RATO

40 anos enganchados a un rato

O 9 de decembro de 1968,Douglas Engelbart demostrou como utilizar un dos compoñentes mais cotiáns da informática.

Moverse a través da pantalla dun ordenador a golpe de rato supuxo unha pequena revolución,ainda que co paso do tempo as pantallas táctiles ameazan con extinguir o rato. O primeiro hardware que utilizou Douglas Engelbart o 9 de decembro de 1968 estaba fabricado de madeira e so tiña un botón. A maior parte desta demostración inspirou a creación do hardware e software máis utilizado.

O primeiro rato,construído por Bill English, axudante de Engelbart, demostrou como os arquivos podían ser copiados e pegados ou como se podía traballar en distintos proxectos a golpe de rato. A demostración que tivo lugar en San Francisco e que se estendeu durante 90 minutos levárona a cabo 17 investigadores de Stanford Research Institute.

"Ao rematar a demostración houbo un silencio de morte e deseguida toda a xente o entendeu e púxose a aplaudir" asegura Bill English. Sen embargo, o sistema non se incorporou de serie nun ordenador ata 1984, ao Macintosh Appel.

Profesorado

 

  • Amalia Núñez Vallo (P.T. Primaria)
  • Roberto Núñez Méndez (P.T. ESO)
  • Joaquín Suárez Denis (X.D.)
Distribuir contido


by Dr. Radut