Skip to Content

Actividades

CALDO DE GLORIA NO DÍA DE ROSALÍA

01/03/2024 11:32
Europe/Madrid

O venres 23 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía no comedor escolar degustando un delicioso caldo de gloria. 

Antes da degustación o alumnado leu o poema Miña casiña, meu lar, que ilustraba os manteis individuais cedidos pola Fundación Rosalía de Castro

Actividades de Outono

21/10/2023 12:56
Europe/Madrid

 

Como despedida do verán e acollida do outono, o Equipo de Dinamización Lingüística ten previsto realizar unha serie de actividades a finais deste mes de Outubro.

As actividades programadas serán as seguintes:

- Exposición de composicións artísticas realizadas con productos do outono (cabazas, castañas, landras, noces, espigas, bugallos …). Poderán achegalas entre o 23 e o 27 de Outubro, excepto as que sexan con cabazas que só se poden achegar o día 30 e 31.

- Certame de relatos curtos de medo. (Ver documentación anexa).

- Recompilación de receitas nas que se empreguen produtos do Outono.(Ver documentación anexa).

- Celebración do Magosto e Samaín o día 31 de Outubro. Este día gozaremos dunha xornada lúdico-festiva na que asaremos castañas e realizaremos diferentes obradoiros ambientados no outono. Por iso, precisamos que o alumnado traia unha manchea de castañas picadas para o día 30. 

Aí ven o maio, de flores cuberto

20/05/2023 20:56
Europe/Madrid

Co gallo do Día das Letras Galegas o alumnado do cole participou nesta semana na elaboración duns fermosos maios que adornan o noso patio:

E recibiu a visita do Grupo de baile e música tradicional Brincadeira, grazas á colaboración da AFA Avania, desfrutando de velos cantar, tocar e bailar e tamén bailando todas e todos xuntos ao ritmo das súas melodías tradicionáis. 

MANDADOS DO MECO_ XOVES 16 DE FEBREIRO

10/02/2023 14:24
Europe/Madrid

Atención nenas e nenos, mozos e mozas, profes e profas!!!

Os mandados do meco hai que obedecer, 

se ao final da semana, orellas queremos comer. 

 

ANDAINA DAS LETRAS 2022

15/05/2022 12:54
Europe/Madrid

Continuando co noso proxecto de vida saudable e de coñecemento da riqueza natural, cultural e patrimonial da nosa contorna, o vindeiro xoves 19 de maio, o alumnado e profesorado do cole vai sair camiñar para conmemorar o Dïa as Letras Galegas.

NOVA CANLE DE INSTAGRAM: COMPARTE EN GALEGO

03/03/2022 15:01
Europe/Madrid

 

O SON DA BAÑA: A canle de podcast do alumnado do CPI de San Vicente

28/01/2021 19:09
Europe/Madrid

Dentro do plan de innovación educativa Contratos-Programa da Consellería de Educación, o alumnado do CPI de San Vicente está a estrear a súa canle de podcast de radio O son da Baña. 

Nesta canle iremos publicando diversos programas especializados con entrevistas, reportaxes, traballos de investigación e tamén audiocontos para os máis pequenos.

22 DE DECEMBRO, CHOCOLATE, MAXIA, MÚSICA E CINE PARA DESPEDIR O 2020

22/12/2020 10:00
Europe/Madrid

Remata o trimestre e tamén un ano tan especial coma dificil para todos nós, profesorado, alumnado e familias. 

Magosto e Samaín 2020

31/10/2020 18:29
Europe/Madrid

A pesares das circunstancias pandémicas, no cole da Baña non quixemos deixar de celebrar o magosto cun pouco de mùsica e castañas no noso tempo de lecer.

Non tería sido posible sen a colaboración da ANPA Vieiro do Ensino, o Concello da Baña, Emilio Lois e seus (e tamén nosos) alumnos e alumnas da Escola de Música Tradicional da Baña, por iso a todos eles queremos dar as grazas.

E sobre todo, queremos felicitar ao noso alumnado e profesorado que soubo desfrutar do momento sen deixar de respectar en todo momento, as normas sanitarias.

Aquí deixamos unha pequena mostra do noso Magosto 2020.

 

 

Por outra banda, os corredores do cole locen tamén ben fermosos nesta semana de Samaín, cun mural colaborativo sobre o Samaín no mundo elaborado polo alumnado de Infantil e Primaria. 

 

 

Venres 30: Magosto anti COVID

30/10/2020 11:20
Europe/Madrid

No cole da Baña non queremos que o virus nos impida celebrar o magosto, así que, en colaboración coa ANPA e cumprindo con todos os protocolos sanitarios, o venres 30 de outubro comeremos castañas no recreo (se o tempo nolo permite, claro...).

Para iso precisamos da colaboración de todas as familias enviando por cada neno/a unha manchea de castañas xa picadas e un recipente para recollelas de xeito individual. 

Nas aulas de Infantil e Primaria xa están elaborando os seus cucuruchos personalizados, pero pregamos que o alumnado de ESO traia para ese día un recipiente para recoller as súas castañas, que pode ser un sinxelo brick de leite valeiro e cortado pola metade. 

O reparto das mesmas farao o profesorado nas zonas de recreo asignadas a cada grupo e respectando en todo momento as distancias de seguridade e as medidas sanitarias que marca o protocolo COVID de centro. 

Se algunha nai ou pai quere colaborar coa preparación das castañas e a distribución das mesmas en caixas por cursos, pode comunicar coa ANPA (ampavieirodoensino@gmail.com) ou coa dirección do centro para coñecer os detalles de organización. 

Distribuir contido


by Dr. Radut