Skip to Content

3º EP

Programacións Didácticas 3.º EP curso 2023-24

21/03/2024 15:00
Europe/Madrid

O noso Samaín

01/11/2023 18:36
Europe/Madrid

Estreamos tempada de podcast neste curso 2023-2024 co relato O noso Samaín, de Loretta Birott Bermejo e ilustrado por Nuria Valdeón Balsas para a editorial Galaxia. 

Un conto narrado polo alumnado de 3º de Primaria. 

 

Bota a andar o noso horto escolar

22/11/2021 19:38
Europe/Madrid

botas de auga

As nosas botas de auga, listas para saír a traballar na horta.

O venres 19 de novembro iniciamos o noso traballo no horto escolar, dentro do programa CPInnova.

Alumnado de 2° e 3° de Primaria comezou a súa formación da man de Carme Freire.

Gozamos e aprendimos unha chea de cousas!

TRABALLO ESCOLAR CRISE " CORONAVIRUS"

24/03/2020 22:39
Europe/Madrid

Queridas familias:

Esperamos que estedes levando o confinamento da mellor maneira posible e queremos transmitirvos que dende o afastamento estamos con vós.

Estes días a nosa función é acompañarvos neste proceso e facilitar un pouco o día a día. As tarefas que propoñemos non deben xerar en ningún momento estrés  nin situación de conflito nas vosas familias, senón que deben servir para manter hábitos de traballo e facer o día mais ameno.

A situación que estamos á vivir é moi difícil polo que é prioritario o benestar mental e emocional dos vosos fillos e fillas.

Resultanos moi difícil calcular o tempo de que dispoñedes para que os vosos fillos/as lles dediquen ao traballo e tamén é difícil calcular o tempo que lles levará facelos. Dentro da clase hai distintos ritmos de aprendizaxe e seguro que haberá nenos/as que demandarán mais tarefas das que subimos  diariamente e tamén haberá outro alumnado ao que se lle estea a facer un mundo levar as tarefas ao día.

Así pois aínda que nós sigamos subindo tarefas día a día debedes ser vós os que decidades a cantidade de traballo que necesitan os vosos fillos e fillas.

Vou seguir poñendo traballo día a día como viña facento ata agora nos mesmos medios: correo electrónico e whatsapp pero si queredes que ao mesmo tempo suba aquí as fichas que se empregarán ao longo de toda a semana non tedes mais que decirmo.

ANIMO!!

XOVES EXPERTOS: LAURA BUJ FÁLANOS SOBRE O CLARINETE

16/04/2019 10:00
Europe/Madrid

Rematamos os Xoves Expertos do mes de abril coa charla de Laura Buj, alumna de 4º de EP e estudante de Clarinete no CMUS de Santiago de Compostela

Amosounos as partes do instrumento, explicounos como se coloca a boca para poder sacarlle son e tamén interpretou para nós unhas pezas ben fermosas.

Coma sempre, premendo na foto, poderedes ver a galería da fotos. 

Laura Buj

XOVES EXPERTOS: OLIVIA, AITANA, ALDARA, MARÍA E ÁLVARO, A FUNCIÓN DE RELACIÓN

02/04/2019 16:02
Europe/Madrid

O pasado xoves, un grupo de alumnas de 4º de EP faláronnos da función de relación nos seres vivos, dos nosos 5 sentidos e tamén dos nosos músculos e osos... Aprendimos con elas un pouco máis sobre como funciona o noso corpo e como podemos coidalo.

Se clicas na foto poderás ver a reportaxe gráfica.

 

XOVES EXPERTOS NA BIBLIOTECA: SOFÍA GARCÍA

14/02/2019 13:36
Europe/Madrid

Segundo xoves experto, nesta ocasión en compañía de Sofía García, alumna de 3º de EP que nos falou do seu instrumento, a frauta traveseira.

De novo, o público interesouse polos instrumentos que nos amosou esta pequena e aplaudiu con emoción as súas interpretacións.

Para ver máis fotos, clica na imaxe!

 

UN PROXECTO DE PREMIO!

03/11/2014 21:51
Europe/Madrid

A Consellería de Educación ven de publicar a resolución do Concurso de Traballo por Proxectos coordinados ou coa participación da Biblioteca Escolar, que convocou no pasado mes de maio coa intención de recoñecer boas experiencias de traballo por proxectos interdisciplinares ou de investigación coordinados ou apoiados pola Biblioteca Escolar.

Os nosos rapaces de 3º de Primaria (agora xa en 4º) xunto coa súa profesora, Mª Josefa Becerra, e sempre apoiados pola Biblioteca, desenvolveron un fermoso e completísimo traballo sobre a Nutrición ao que chamaron Comesán e que presentaron ilusionados ao concurso. Xunto con eles, participaron outros 91 centros de toda Galicia.

Lemos a resolución, nerviosos, e temos a enorme alegría de comprobar que estamos entre os 16 centros galardoados!!!!!

NORABOA, RAPACES, NORABOA, PROFE!

Nada mais fermoso que ver recoñecido o esforzo.

comesan 2014

   

INVESTIGANDO SOBRE A NUTRICIÓN

Os alumnos de 3º de EP desenvolveron durante este curso un Proxecto de Investigación, en colaboración coa Biblioteca Escolar, sobre a Nutrición e a Alimentación Saudable.

alumnos 3 EP

Aquí os tedes, felices e satisfeitos despois de expor os resultados do seu traballo e de recibir o merecido premio ao seu esforzo.

Se queredes coñecer máis polo miudo o proxecto ao completo, visitade o blog de Primaria ou o da Biblioteca Escolar.

Estas son as presentacións que elaboraron xunto coa súa profesora, María José:

 

Aqui tedes a reportaxe gráfica da Inauguración da súa exposición: INVESTIGANDO NA BIBLIOTECA on PhotoPeach

PEQUENOS INVESTIGADORES DE 4º DE PRIMARIA

Os pequenos investigadores de 4º de Primaria, ao abeiro dos Contratos Programa, levaron a cabo un fermoso e completísimo traballos sobre As Plantas Medicinais que vos mostramos para que poidades coñecer todo o que eles aprenderon.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut