Últimas novas

Iniciar sesión

ORIÉNTATE!!

10/12/2019 09:45
Europe/Madrid

Nesta aplicación todo o alumnado de ESO pode consultar información sobre itinerarios en ESO e Bacharelato, graos universitarios, ciclos formativos de FP de grao Medio e Superior e moito máis.

Se non tes claro que camiño seguir na túa formación, date unha volta por OrientaLine, atoparás moitas máis opcións das que probablemente imaxinas.

Para acceder so tes que clicar na imaxe e, se tes algunha dúbida ou precisas ampliar algunha información, fala co noso Orientador.

orientaline

 

 

ACLARACIÓNS SOBRE FOLGA DÍA 12

10/12/2019 10:17
Europe/Madrid

O próximo xoves día 12 de decembro de 2019 as organizacións sindicais CIG, CC.OO., ANPE, UGT, STEG e CSI-F convocan unha folga de persoal docente do ensino público galego.

Para evitar posibles malentendidos, a Dirección do CPI de San Vicente quere aclarar a alumnado e familias o seguinte:

- A folga convocada é de profesorado.

- Para garantir o seu dereito a folga, os profesores e profesoras non teñen obriga de notificar por adiantado a súa participación ou non.

- O profesorado que acuda a traballar desenvolverá o seu labor con normalidade.

- En cumprimento da ORDE do 28 de novembro de 2019 pola que se ditan normas que determinan os servizos mínimos durante a folga, a Dirección do centro designou a M.ª del Mar Sueiro Pena para cubrilos.

KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE

18/11/2019 14:22
Europe/Madrid

O vindeiro mércores 20 de novembro todo o alumnado do CPI de San Vicente conmemorará o Día dos Dereitos do Neno e a Nena participando na Carreira Escolar Solidaria Kilómetros de Solidariedade, organizada pola ONG Save the Children. 

Dende o cole queremos animar ás familias e veciños a sumarse a esta fermosa iniciativa como patrocinadores dos nosos pequenos corredores e corredoras. Por cada volta ao noso circuito, recaudarán 1 € para os nenos e nenas Rohingya que viven en terribles circunstancias de pobreza e fame na antiga Birmania.

HOXE, 11 DE OUTUBRO, O CPI DE SAN VICENTE SAE DO ARMARIO

11/10/2019 05:46
Europe/Madrid

Co gallo do día 11 de outubro e como parte do noso Plan de Igualdade, no CPI de San Vicente saimos do armario integrándonos na Rede Educativa de Apoio LGBTIQ cos seguintes obxectivos:

- Traballar por visibilizar e dignificar a realidade do colectivo LGBTIQ nas aulas galegas.

- Loitar contra a LGBTIQ-fobia, facendo do noso centro educativo un espazo libre, plural e seguro.

Por iso declaramos que:

  • O noso centro é un espazo libre.
  • No noso centro coidamos a linguaxe e rexeitamos toda expresión discriminatoria por razón de sexo, orientación sexual, raza, identidade de xénero, relixión ...
  • Alumnado, profesorado, persoal de administración e servizos, familias e veciñanza queremos un centro inclusivo, igualitario e respectuoso coa diferenza.

Listaxes definitivas do Fondo Solidario de libros de ESO

12/09/2019 14:18
Europe/Madrid

De acordo coa orde do 3 de maio de 2019, pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar (código de procedemento ED330B),

 PUBLÍCANSE

 - as listaxes provisionais de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario de Educación Secundaria;

 - as listaxes provisionais de solicitudes excluídas de Educación Secundaria, indicando a causa de exclusión.

MENÚ COMEDOR MES DE SETEMBRO

10/09/2019 12:02
Europe/Madrid

Mañá comezamos as clases e con elas a nosa cociñeira comeza a elaborar os seus saborosos menús.

Aquí tedes o do mes de setembro.

 

HORARIOS PERIODO DE ADAPTACIÓN 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

04/09/2019 12:06
Europe/Madrid

Informamos dos horarios do período de adaptación do alumnado de 4º de Educación Infantil entre os días 11 e 20 de setembro.

 

 

NOVO SERVIZO DE MADRUGADORES

03/09/2019 20:11
Europe/Madrid

O Concello da Baña pon en marcha neste curso escolar o programa de conciliación laboral e familiar A BAÑA MADRUGA coa finalidade de que, aquelas familias que teñan que desprazarse aos seus traballos antes da recollida do alumnado polo transporte escolar, poidan deixar no colexio aos seus fillos e fillas entre as 07:30 e as 09:15.

O programa oferta a posibilidade de almorzar ou non no colexio e o desfrute dun tempo de lecer acompañados en todo momento por monitores e monitoras ata a hora de inicio das clases.

O alumnado pode inscribirse mensualmente, pagando unha cuota de 50€ (con almorzo) ou 40€ (sen almorzo), ou acodir en días soltos, cun prezo de 4€/día.

Para máis información, chamade ou acudide ás oficinas do Concello da Baña.

 

 

Listaxes definitivas do fondo solidario de libros de texto para Primaria

Publicación das listaxes definitivas para Ed. Primaria

 

De acordo coa orde do 3 de maio de 2019, pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar (código de procedemento ED330B),

 PUBLÍCANSE

 - as listaxes provisionais de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario e Educación Primaria;

 - as listaxes provisionais de solicitudes excluídas de Educación Primaria, indicando a causa de exclusión.

 

As listaxes definitivas de Educación Secundaria publicaranse antes do 13 de setembro.