Se queredes recibir notificacións no voso teléfono das últimas publicacións da nosa web, podedes sobscribirvos á nosa canle informativa de Telegram clicando neste enlace:
https://t.me/joinchat/AAAAAFIctGrhJQGSz0pkqg
O vindeiro luns, 19 de abril, comezará un programa para a detección de SARS-CoV-2 con mostra de saliva en poboación asintomática de 12 a 17 anos coa colaboración das oficinas de farmacia da provincia da Coruña.
Por este motivo, informamos a alumnado e familias sobre a existencia deste programa, para que asistan á súa farmacia de referencia onde lles informarán sobre o procedemento de toma de mostra e lles proporcionarán o tubo de recollida.
Trátase dunha campaña de detección de poboación asintomática, polo que se unha persoa ten síntomas compatibles deberá contactar con seu centro de saúde.
No arquivo adxunto podedes consultar o calendario de exames de materias pendentes de ESO, que terán lugar na semana do 17 ao 21 de maio.
En cumprimento da normativa de admisión, infórmase de que desde hoxe están publicadas no taboleiro do centro as listaxes de alumnado admitido para o curso 2021-22.
Todo o alumnado que solicitou praza foi admitido.
Este alumnado de nova incorporación e mais todo o alumnado que curse ESO deberá formalizar a matrícula no prazo establecido:
portas abertas 21-22 de Mar Sueiro
PRÓXIMA APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021-22
Do 1 ao 22 de marzo
Para presentar unha solicitude cómpre seguir algunha das opcións descritas no seguinte enlace. Prégase traer cuberta a solicitude ou, se se quere cubrir no centro, traer todos os datos requiridos, para evitar ter que vir dúas veces.
Só debe presentar solicitude de admisión:
Documentación que hai que achegar:
Número de prazas vacantes no CPI de San Vicente:
Lémbrase que, unha vez resolto o procedemento de admisión, haberá que formalizar matrícula nos seguintes prazos:
Presentamos o primeiro episodio de A Baña Investiga, un novo programa da nosa canle de radio O son da Baña no cal publicaremos traballos de investigación desenvolvidos polo noso alumnado.
Este primeiro episodio foi realizado por un grupo de 4 alumnas e alumnos de 1º de ESO qe quixeron saber máis sobre a moda sostible e o impacto ambiental da industria da moda.
Animámosvos a escoitalo en Spotify e a facervos seguidores da nosa canle.
O vindeiro xoves 18 de febreiro o alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO recibirá un obradoiro sobre Imaxes, influencers, pornografía e violencia de xénero, dentro do Plan de Igualdade de centro e impartido por Fademur Galicia (Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia), dentro do seu programa de Promoción de Valores en Igualdade nas escolas rurais.
Dentro do plan de innovación educativa Contratos-Programa da Consellería de Educación, o alumnado do CPI de San Vicente está a estrear a súa canle de podcast de radio O son da Baña.
Nesta canle iremos publicando diversos programas especializados con entrevistas, reportaxes, traballos de investigación e tamén audiocontos para os máis pequenos.
O programa Contos na Lareira estrea hoxe no seu segundo capìtulo o conto A Pomba dona Paz, de Ramón Caride. Un conto dedicado áo Día Mundial da Paz e a non Violencia que estamos a celebrar nestes días no centro escolar con diferentes actividades. Na súa gravación participaron alumnos e alumnas de 1º, 4º e 6º de Primaria e 1º de ESO.
Aquí tedes este segundo capítulo e queremos animar ás familias a suscribirse á nosa canle para non perderse ningún dos nosos episodios.
Neste enlace podedes acceder á nosa canle en Spotify: https://open.spotify.com/show/5MiGwKwQt2tMH4qfpcgHs8?si=ql6tWh_3RYyRehNnC52WCQ
En cumprimento do Plan de Adaptación ao Contexto COVID-19 actualizado a 4_11_2020, en caso de darse un positivo por COVID-19 entre o alumnado, profesorado ou persoal non docente, o procedemento a seguir é o seguinte:
Considerase contacto estreito a calquera persoa do centro que compartise espazo co caso confirmado nas seguintes circunstancias:
Sempre que nas aulas e recreos de Primaria e ESO se estean a cumprir estrictamente as normas de distancia, uso de máscara e hixiene de mans, só é no comedor onde podemos vernos na obriga de identificar contactos estreitos no caso dun positivo. Cando se identifican máis, é polo coñecemento de algunha pequena irregularidade no tempo da merenda, dado que, cando chove e se merenda nas aulas, os pupitres non están a distancia de 2m senón de 1,5m.
Tamén cremos importante informarvos dos tempos de estancia na casa fixados pola Consellería de Sanidade:
Para calquera dúbida ou aclaración, escribide ao mail do centro (cpi.san.vicente@edu.xuunta.gal) ou chamade en horario de 09:00 a 14:35 (881867004).
No documento adxunto podedes coñecer o horario de atención ás familias do profesorado de Infantil, Primaria e ESO durante o curso 2020-2021.
En cumprimento do protocolo derivado do contexto sanitario provocado pola COVID-19, as titorías realizaranse sempre con previa cita e prioritariamente de xeito telemático, por teléfono ou videoconferencia.
Se precisades unha cita presencial, será sempre respectando as normas sanitarias de hixiene de mans, emprego de máscara e distanciamento social.