Skip to Content

Transporte Escolar

LUNS 10 DE OUTUBRO: COMEZA RUTA 6 REMODELADA

06/10/2022 16:26
Europe/Madrid

Despois de un estudio detallado da mellor e máis segura distribución das paradas da ruta 6 en colaboración coas familias usuarias da mesma, a empresa Monbús pon en funcionamento a ruta 6 remodelada a partir do luns 10 de outubro. 

A hora de saída da primeira parada será ás 8:35, tal e como estaba fixada inicialmente. 

No documento adxunto tedes a distribución das paradas no percorrido de entrada e saída. 

LUNS 26 DE SETEMBRO: NOVAS RUTAS DE TRANSPORTE

23/09/2022 08:21
Europe/Madrid

O vindeiro luns 26 de setembro inícianse as novas rutas de transporte. 

Nesta publicación tedes a hora de saída de cada unha delas e o seu percorrido. 

É probable que nos primeiros días se produza algún desaxuste ou pequeno retraso, para os cales pregamos paciencia e comprensión. 

REMODELACIÓN DE RUTAS DE TRANSPORTE

07/09/2022 11:28
Europe/Madrid

A dirección do centro en colaboración cunha comisión de nais e pais voluntarios e a empresa de transporte Monbús presentamos no mes de xuño unha proposta de optimización e remodelación de rutas de tranpsorte que podedes consultar no documento anexo. 

Segundo nos informa a empresa de tranporte as novas rutas entrarán en funcionamento a partir de mañá mesmo, 8 de setembro. 

Nova parada de tranporte escolar no lugar de Menlle, Troitosende

23/06/2021 17:57
Europe/Madrid

BOAS NOVAS!

Despois de longos trámites administrativos, a Xefatura Territorial ven de incluír na área de escolarización do noso CPI a parroquia de Troitosende e, en consecuencia, tamén foi aprobada unha nova parada de transporte escolar no lugar de Menlle. 

Distribuir contido


by Dr. Radut