Skip to Content

AL e PT

DIA DA NAI

24/05/2020 20:43
Europe/Madrid

VALENTINA FOTÓGRAFA

Hoxe Valentina quere presentarvos a Daniela!!! Unha nena de seis anos que vive en Narón e estuda no colexio de San Sadurniño.

Que derrocha simpatía, ganas de aprender e ilusión ídelo percibir cando a escoitedes....que é moi importante para Valentina dígovolo eu!!!

Acompañada pola súa  superheroína Megapower vainos ler algunhas das páxinas de Max e os superheroes.

 

 

 Se vos gustou este anaquiño do conto, aquí vos deixamos un vídeo no que podedes velo ao completo.

 

Por último, Valentina deixavos unha reseña do conto que fixeron na Librería Couceiro. 

 

 

Ata a próxima nenos e nenas!

"O RECUNCHO DE VALENTINA"

15/05/2020 11:59
Europe/Madrid

Ola nenas e nenos!

Esta semana, como saberedes, é a SEMANA DAS LETRAS GALEGAS. Este ano conmemórase a figura de Ricardo Carvalho Calero, sabedes quen era?? 

Para que poidades coñecelo mellor, Valentina quere enseñarvos este vídeo tan chulo feito polo alumnado de 5º de Primaria do colexio San Pio X, de Ourense.

 

 

 

Xa sabemos cousas moi interesantes sobre a vida e obra deste autor. Agora imos a poñelas en práctica! Aquí tedes un escape room sobre RICARDO CARVALHO CALERO.

  Collede lápiz e papel, porque ao superar cada proba daranvos un número. Cando consigades superalas todas, teredes un código final para lograr saír   da sala de escape.

PREPARAD@S? ADIANTE!

 

 
PABLO fixo este debuxo tan bonito coa profe Amalia. Podedes facer como el  e enviarnos os vosos debuxos, seguro que a Valentina lle encantan!!
Ata aquí a proposta da semana, ata a próxima!

"O RECUNCHO DE VALENTINA"

29/04/2020 18:02
Europe/Madrid

 

Ola a tod@s!!

Esta vez Valentina tráenos unha proposta relacionada coa nosa tradición e cultura galega, pero antes...mirade este pequeno vídeo, para reflexionar...

 

 

Agora si, a proposta que quere facervos Valentina esta semana é...

FACER SANANDRESIÑOS!!

Sabedes o que son? Por se non os coñeciades, Valentina vai a explicárnolo.

 

 

 

 

 

Sabedes onde se atopa

San Andrés de Teixido?

Se tedes ganas de visitalo

podedes investigar

no mapa.                      

 

 

 

Xa contamos coa información precisa para ser uns expertos e expertas destes amuletos, así que, ímonos a poñer "mans na masa". Aquí tedes a receta.

 

 

Para rematar, O Circo do Sol segue a compartir as súas actuacións para que as podamos ver desde a casa. Aquí tedes unha nova, desfrutádea!

 Ata pronto!

 

"O DÍA DO LIBRO NO RECUNCHO DE VALENTINA"

23/04/2020 18:46
Europe/Madrid

Ola nenas e nenos!

Como xa saberedes hoxe é o DÍA DO LIBRO e, para celebralo, Valentina quere ensinarvos algunhas cousiñas.

O primeiro que vos quere ensinar é un vídeo feito polo profesor de 1º de Educación Primaria, Ricardo, para conmemorar este día tan especial. Ricardo, proponnos unha actividade moi creativa para facer en familia, animádesvos?

 

MOITAS GRAZAS PROFE RICARDO!

 

 

A profe Iria, de 2º de Educación Primaria, invitou ás nenas e nenos da súa clase a facer un eslogan para animar á lectura. Que boa idea! Aquí tedes un exemplo:

 

Grazas Pablo por este eslogan tan chulo!

 


Para rematar, Valentina, que é unha grande lectora, quere contarvos que se rexistrou na páxina web da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Que maravilla!Agora pode acceder a todos os libros e contos en formato dixital das bibliotecas públicas galegas, tanto en galego como en castelán. 

Se queredes facer o mesmo, só tedes que premer nesta imaxe:

 

Ata aquí as propostas de Valentina, vémonos a próxima semana nenos e nenas!

 

 

 

O RECUNCHO DE VALENTINA

17/04/2020 11:07
Europe/Madrid

 Ola nenas e nenos!

Valentina hoxe tráenos un corto precioso, que pon en valor a inclusión e nos intenta facer ver o importante que é para todos sentirse aceptado e parte do grupo. Votádelle un ollo!

 

 

Ademais deste corto, Valentina, que é moi artista, preparouvos un xogo de palabras. Nel, invítavos a facer unha viaxe en globo! Ao longo da viaxe, teredes que superar diferentes retos para poder avanzar, seredes capaces?

 

 E xa para rematar, Valentina preparouvos unha cousa súper interesante! Queredes saber que foto captou o telescopio espacial Hubble da NASA o día do voso aniversario? Estades de sorte!Hubble é un telescopio que leva polo espacio 30 anos!! E para celebrar o seu aniversario os estudiosos da NASA facilitaron esta ferramenta. Só tedes que poñer o mes e o día do voso aniversario e poderedes ver unha foto espacial dese día. Clicade na imaxe!telescopio
 
Ata pronto nenos e nenas! 

"O RECUNCHO DE VALENTINA"

03/04/2020 23:57
Europe/Madrid

Ola nenas e nenos!

Hoxe queremos presentarvos a Valentina!!

Valentina vainos acompañar durante estes días propoñendo actividades e tarefas divertidas que podedes facer sempre que vos apeteza. Valentina é científica, fotógrafa, cociñeira, exploradora, artista, escritora…e moi, moi soñadora e creativa, queredes coñecela?

 

Aquí está, coa súa cámara de fotos, desexando comezar esta andaina!

En primeiro lugar, Valentina quere ensinarnos este vídeo. Desde aquí queremos darlle a noraboa ao CEIP Quiroga Palacios por facer esta versión tan inclusiva da canción “Resistiré”.

 

 

Ademais, tráenos unha proposta que seguramente vos vai encantar:

FACER A NOSA PROPIA PLASTILINA CASEIRA

 

Para logralo, escribiunos a receita, mirade. Podes escribilo nun papel para facelo máis práctico e recorda que cada receita ten dúas partes principais: os ingredientes que precisamos e os pasos para elaboralos.

 

Agora…a xogar! Amasa a plastilina, estíraa, fai diferentes figuras: bolas, churros, edificios, personaxes, letras…

Se queres, podes facer fotografías do que fixeches e envíalas aos nosos correos electrónicos co hashtag:

 

  • #EUQUEDONACASA.

 

Para rematar, Valentina, quere amosarnos tamén este vídeo. Algúns artistas están colaborando para facernos máis fácil a estancia na casa estes días. Este é o caso do “Circo do sol” que nos ofrece parte do seu espectáculo dunha hora.

 

 

Ata pronto nenos e nenas! Vémonos á volta destas vacacións de Semana Santa!

"O RECUNCHO DE VALENTINA" 30/3/2020

30/03/2020 19:28
Europe/Madrid

Achégate a "O RECUNCHO DE VALENTINA" unha humilde proposta de suxestións cas que entreter, divertir, descubrir, coñecer,reflexionar...

"NON SE TRATA DE TER DEREITO A SER IGUAIS,

SENÓN DE TER DEREITO A SER DIFERENTES"

XERMINAMOS UNHA PLANTA?

1. Envolve unha faba ou lentella nun algodón e méteo nun vaso ou bote    transparente.Personaliza unha etiqueta co teu nome.

2.Observa como vai medrando a raíz, saíndo o talo... Non esquezas ter o algodón húmido.

3.Se che apetece saca fotos nangún momento do proceso. podes mandalas a:

  • amalianunez@edu.xunta.gal
  • miriamsanchez@edu.xunta.gal

4. Coas fotos que nos acheguedes faremos un collage que colgaremos na páxina do Centro co hashtag #EUQUEDONACASA .

Ver os nosos nomes xuntos será emotivo, axúdanos a lembrar que, a pesar de estar separados, formamos parte dun "gran" grupo O NOSO COLE.

 

PARA REMATAR VALENTINA INVÍTANOS A ESCOITAR UNHA SESIÓN DE RELAXACIÓN

 

 

OS CONSELLOS DE ORIENTACIÓN, POR AMALIA, MÍRIAM E XAQUÍN

26/03/2020 08:51
Europe/Madrid

Ola a todos/as. Que tal o levades?. Ante as circunstancias tan especiais que estamos a pasar, aí van 3 novos consellos:

1)    Xa estades a cumprir coas vosas rutinas diarias e a seguir un horario. Pois ben, nos esquezades o exercicio físico. Si estamos sen saír da casa é imprescindible movernos canto menos 1 hora diaria. Os que dispoñedes de bici estática, cinta de correr, ou espazo na casa, xa que dispoñedes de xardín ou horta, téndelo fácil. Os que non e vivides en pisos, debedes de seguir táboas de exercicios (hai moitas en internet) ou axudar coas tarefas da casa aos maiores (fregar, barrer, limpar, facer camas...). Veredes como estas tarefas exercitan de verdade.

 2)    Vixiade a vosa alimentación. O confinamento pode facer que tendamos a comer máis. Tratade de potenciar as froitas e verduras, eliminado as graxas na medida do posible. E recordade: SE NON TENDES FAME PARA COMER UNHA MAZÁN E QUE NON TENDES FAME.

 3)    Pensade en positivo. Non vos centredes naquelo que non podedes facer nesta situación, intentade pensar en todo o que podedes facer: descansar, estudiar, xogar, ler, oír música, ver series... tratade de desenvolver a vosa creatividade ante o aburrimento e non abusedes do móvil. Buscade un tempo para vos, uns 30 minutos ao día para organizarse e relaxarse. Comunicádevos coa vosa familia e non esquezades aos amigo/as. O humor é un excelente xeito de levar todo isto.

 E RECORDADE: SEMPRE HAI QUE SER FELIZ

Distribuir contido


by Dr. Radut